Nicolaas Westendorp, nado en Farmsum o 11 de febreiro de 1773 e finado en Losdorp o 5 de xullo de 1836, foi un pastor protestante e arqueólogo neerlandés da provincia de Groninga.

Traxectoria Fillo dun mestre de escolaF. Jos. van den Branden, J.G. Frederiks (1888-1891) Biographisch woordenboek der Noord- en Zuidnederlandsche letterkunde, Westendorp estudou teoloxía na academia de Groninga. Como reverendo serviu en Sebaldeburen (1797) e Losdorp (1812-1836)P.J. Meertens (1978) Biografisch lexicon voor de geschiedenis van het Nederlands protestantisme e tamén exerceu como supervisor de escola no cuarto distrito de Groninga. É sobre todo coñecido polas súas publicacións sobre temas arqueolóxicos e históricos. En 1809 publicou a súa primeira obra Eerste leerrede, gehouden in de nieuwe kerk te Sebaldeburen, benevens eene oudheidkundige verhandeling. En 1820 fundou o primeiro períodico dedicado á arqueoloxía nos Países Baixos, Antiquiteiten, que se mantivo ata 1826R. B. Halbertsma (2004) Scholars, Travellers and Trade: The Pioneer Years of the National Museum of Antiquities in Leiden, 1818-1840. Routledge, p. 48. A súa obra máis coñecida é unha historia da provincia de Groninga desde os primeiros tempos ata 1493, a Jaarboeken van en voor de provincie Groningen publicada en dous volumes (1829-1832)Nieuw Nederlandsch Biografisch Woordenboek. Postumamente saíu ao prelo a Algemeen overzigt der Romeinsche oudheden in de Noordelijke Nederlanden (1846). Tamén foi relevante o seu labor na recolleita de contos e lendas, considerado un pioneiro nos Países BaixosDonald Haase (2007) The Greenwood Encyclopedia of Folktales and Fairy Tales. Vol I. Greenwood Pres, p. 282. Tamén foi precursor dos estudos sobre os frisóns orientais de Saterland ao publicar en 1819 o artigo "Over de Saterlanders" na revista Antiquiteiten que incluía unha das primeiras listas de palabras en frisón oriental.

Notas

Categoría:Nados en 1773 Categoría:Finados en 1836 Categoría:Nados na provincia de Groninga Categoría:Personalidades do cristianismo dos Países Baixos Categoría:Historiadores dos Países Baixos