Martin Joseph Fettman, nado en Brooklyn (Nova York) o 31 de decembro de 1956, é un astronauta estadounidense que formou parte da misión STS-58.

Traxectoria Fettman graduouse en nutrición animal pola Universidade de Cornell en 1976 e é doutor en medicina veterinaria pola mesma universidade en 1980. Ten tamén un doutoramento en fisioloxía pola Universidade do Estado de Colorado en 1982.

Foi seleccionado pola NASA como astronauta en decembro de 1991, participando na misión STS-58 como especialista de carga para o laboratorio Spacelab e pasando un total de 14,01 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-58

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1956 Categoría:Nados en Nova York