Mafalda Ivo Cruz, nada en Lisboa en 1959, é unha escritora portuguesa.
Traxectoria Naceu nunha familia de músicos, rematou a carreira de piano no Conservatorio de Lisboa e dedicouse ao ensino en Lisboa e París. Volveu para traballar en Lisboa.
Foi crítica literaria –no xornal Público entre os anos de 1999 e 2005- e tamén para o Expresso, Rodapé ou Colóquio/Letras.
Esta autora ten un estilo de escrita, que prima pola deconstrución narrativa, o que a torna albo de críticas contraditorias e, por outro, as coloca bastante abaixo no ránking de preferencias do público. Os seus escritos convocan ás artes: novela, conto, pintura, fotografía, danza ou teatro enchen o seu espazo escénico.
Obras
Um requiem português (1995). Editorial Presença. 196 páxs. ISBN 9789722316231. A casa do diabo, novela (2000). Dom Quixote. 294 páxs. ISBN 9789722018302. O rapaz de Boticelli (2002). Dpm Quixote. 260 páxs. ISBN 9789722018302. Vermelho (2003). Dom Quixote. 216 páxs. ISBN 9789722025454. Emma (2004). Cavalo de Ferro. 56 páxs. ISBN 9789728791285. Con deseño de Joana Villaverde. Oz, novela (2006). Dom Quixote. 198 páxs. ISBN 9789722029742. O cozinheiro alemão (2008). Relógio D'Água. 224 páxs. ISBN 9789896410575. Pequena Europa (2016). Mariposa Azual.
Libros colectivos
Vozes e olhares no feminino (2001). Ed. de Graça Sarsfield e Isabel Pires de Lima. Ed. Afrontamento. ISBN 9789723605600. Texto: Uma carta a Fátima. Contos Policiais (2008). Dulce Maria Cardoso, Francisco José Viegas, Gonçalo M. Tavares, Hélia Correia, Mafalda Ivo Cruz, Mário Cláudio, Ricardo Miguel Gomes, Rui Zink e Valter Hugo Mãe. Porto Editora. 160 páxs. ISBN 978-972-0-04149-4. Texto: A colina.
Premios
2003: Premio PEN Clube portugués por O rapaz de Boticelli 2003: Grande Prémio de Romance e Novela da A.P.E. por Vermelho.
Notas
Categoría:Escritores de Portugal Categoría:Nados en 1956 Categoría:Nados en Lisboa Categoría:Novelistas de Portugal