Feng Huo 1, abreviadamente coñecidos como FH-1, é o nome dunha serie de satélites de comunicacións militares chineses que proporcionan comunicacións en banda C e en UHF. Os satélites son fabricados por China Aerospace Science and Technology Corp. usando o bus DFH-3 e son lanzados mediante foguetes CZ-3A. O primeiro satélite da serie foi lanzado o 25 de xaneiro de 2000 (dándoselle a designación ZX 22 ou ChinaSat 22), mentres que o segundo o foi o 12 de setembro de 2006 (ZX 22A ou ChinaSat 22A).

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Dong Fang Hong 3 (bus) CZ-3A

Categoría:Satélites artificiais