Paradoxurus é un xénero de mamíferos da familia dos vivérridos que foi nomeada e descrita primeiramente por Frédéric Cuvier en 1822. As especies de Paradoxurus teñen unha cabeza ancha, fociño estreito cun longo rinario que está profundamente asucado no medio. As súas longas orellas son arredondadas no extremo. O rabo é case tan longo coma a cabeza e o corpo.
Características
As especies de Paradoxurus teñen unha cabeza ancha, un fociño estreito cun gran rinario que ten un sulco profundo no medio. As orellas son grandes e de puntas arredondadas, as cristas internas e as bolsas están ben desenvolvidas. O cranio mostra un marcado moldeado muscular, e a área postorbital está profundamente constrinxida un pouco detrás dos ben desenvolvidos procesos postorbitais. É considerablemente máis estreito que a área interorbital e que o fociño por encima dos dentes caninos. A fórmula dental é . O padal por detás non cobre a metade anterior da fosa mesopterigoide e é plano e está expandido entre os dentes posteriores da zona da meixela. O rabo é case tan longo coma a cabeza e o corpo, ás veces bastante longo e dunhas seis veces a lonxitude dos pés posteriores.
Taxonomía En 2005 este xénero definiuse comprendendo tres especies nativas do sueste de Asia: Nome Imaxe DistribuciónP. hermaphroditus frameless framelessP. zeylonensis frameless Sri LankaP. jerdoni frameless Ghats Occidentais, India
En 2009 propúxose incluír tamén o Paradoxurus aureus, Cuvier, 1822 (civeta dourada de zonas húmidas), o Paradoxurus montanus, Kelaart, 1852 e o Paradoxurus stenocephalus, Groves et al. (civeta dourada de zonas secas), 2009, que son endémicos de Sri Lanka. Porén, un estudo posterior atopou moi pouca diversidade xenética e ningunha estrutura xeográfica nas civetas douradas e non apoiaba a separación proposta. A P. hermaphroditus comprende tres grandes clados que deberían recoñecerse como especies separadas: concretamente unha no subcontinente indio e o sueste asiático, outra en Sumatra, Xava e outras pequenas illass e a terceira en Filipinas e as illas Mentawai.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
"Paradoxurus" . ASM Mammal Diversity Database. American Society of Mammalogists. Consultado o 3 de xuño de 2019.
Categoría:Vivérridos