miniatura|Muíño de vento de Waskemar Waskemar é unha entidade de poboación no norte do concello de Ooststellingwerf na provincia neerlandesa de Frisia que contaba o ano 2019 con 840 habitantesKerncijfers wijken en buurten 2019 Centraal Bureau voor de Statistiek.

Características No límite co concello de Opsterlân, sitúase na parte norte do concello, unha zona de fala frisoaHenk Bloemhoff e Jurjen van der Kooi (2008)Handboek Nedersaksische taal- en letterkunde. Van Gorcum, p. 176 mentres o resto do termo municipal é de fala tradicional baixosaxoa.

O territorio estaba baixo a xurisdición de De Haule e era unha zona rica en turba, propiedade dunhas poucas familias, unha delas a dos Lycklama á Nijeholt que obstentaron hereditariamente alcaldía de Ooststellingwerf entre 1647 e 1862. O lugar apareceu por primeira volta co nome neerlandés De Cruijmten (en frisón De Kromten) nun mapa de 1748. Posteriormente coñeceuse como Haulerwyk-Beneden. En 1954 recibiu o status de dorp Dorp é nos Países Baixos o equivalente a unha parroquia rural en Galicia e o nome oficial neerlandés de Waskemeer, un topónimo que deriva dunha lagoa localizada a uns dous quilómetros ao oeste, Waskmar e xa no concello de Opsterlân, na que os gandeiros da zona ían lavar as ovellas.

Notas

Categoría:Frisia