O Rally de Ourense de 1995 foi a 21ª edición de dito rally. Foi puntuable para a tempada 1995 do Campionato de Galicia de Rally así como para o Campionato de España de Rallys. Celebrouse o 25 de xuño de 1995 e o vencedor foi Borja Moratal, sobre un Peugeot 306 e con Alfredo Rodríguez como copiloto.
Resumo Moratal beneficiouse dos problemas dos seus máximos rivais: Oriol Gómez, que liderou parte da carreira, saíu da estrada na segunda sección, mentres que o entón bicampión de España Chus Puras, sufriu problemas coa transmisión na primeira sección do rally, perdendo moitos postos e tempo, e aínda que foi o máis rápido en 8 dos últimos 9 treitos, non foi quen de recortar a diferenza con Moratal.
Clasificación #PilotoCopilotoAutomóbilTempo1 Borja Moratal Alfredo RodríguezPeugeot 306 S162:00:172 Jesús Puras Carlos del BarrioCitroën ZX 16v2:00:313 Miguel Martínez-Conde Felipe AlonsoRenault Clio Williams2:06:324 Jaime Azcona Julius BillmaierPeugeot 106 Rallye2:07:185 Sergio Vallejo Diego VallejoPeugeot 106 Rallye2:07:366 Germán Castrillón Estrella CastrillónFord Escort RS Cosworth2:07:417 Arturo Rial Juan Carlos AriasCitroën ZX 16v2:13:218 Javier Azcona Juan LouroRenault Clio Williams2:14:189 Manuel Muniente Javier IbáñezPeugeot 106 Rallye2:15:5610 David Nafría Queralt DíazPeugeot 106 Rallye2:15:5611 Salvador Cañellas Xavier LorzaSeat Ibiza2:16:0412 Roberto Blach Juan Carlos DoradoPeugeot 1062:17:2613 Metodio Ferradás Agustín CaminoSeat Ibiza2:17:4014 Santiago Concepción Jesús AragónPeugeot 1062:18:5515 José Luis Carrera Gerardo CobosRenault Clio Williams2:20:0816 Miguel Dopico Álvaro LouroFord Escort RS Cosworth2:20:56
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Rally de Ourense de 1995 en ewrc-results.com .
Categoría:Rally de Ourense Categoría:Tempada 1995 do Campionato de Galicia de Rally