Fernando Balsa Antón, nado en Mugardos cara a 1880 e finado nos anos cincuenta, foi un político galego.

Traxectoria Irmán de Andrés Balsa Antón. Axente comercial, foi fundador e presidente da Federación de Axentes de Comercio e Industria da Coruña (UGT). Pertenceu á loxa Renacimiento Masónico da Coruña. Foi correspondente de El Pueblo Gallego en Sada.El Pueblo Gallego, 7-9-1928, p. 7. Foi un dos membros da comisión promotora do periódico Adelante en 1930. Foi presidente da Agrupación Socialista da Coruña en 1932 e secretario de actas en xaneiro de 1936. Coa folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido. En abril de 1936 foi elixido compromisario do PSOE pola Coruña para a elección do novo Presidente da República (Manuel Azaña); a finais dese mes foi nomeado delegado do gobernador civil no partido xudicial de Pontedeume.Oficio do Goberno Civil para os alcaldes do partido xudicial de Pontedeume no que informa do nomeamento de Fernando Balsa Antón como delegado de orde pública

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 6 de agosto, sendo posto en liberdade e autorizado a embarcar con rumbo á Habana o 8 dese mes. O Tribunal Especial de Represión da Masonería e o Comunismo procesouno en rebeldía, condenándoo a 12 anos de reclusión.Ficha de encausado de Fernando Balsa Antón Exiliado nos Estados Unidos de América, regresou a España en 1950. Finou nos anos cincuenta.

Vida persoal Casou con Amparo Casal Franco e foi pai de Fernando Balsa Casal.Fernando en la escuela

Notas

Categoría:Políticos do PSOE

Categoría:Represaliados polo franquismo

Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Mugardos Categoría:Nados en 1880 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes