Jean-Jacques Favier, nado en Kehl (Alemaña) o 13 de abril de 1949 e finado o 19 de marzo de 2023, foi un astronauta francés que formou parte da misión STS-78.

Traxectoria Favier graduouse en enxeñería polo Instituto Politécnico Nacional de Grenoble en 1971, e obtivo un doutoramento en enxeñería pola Escola de Minería de París, así como outro en metalurxia e física pola Universidade de Grenoble en 1977. Voou na misión STS-78 como especialista de carga e pasou 16,91 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-78

Categoría:Astronautas de Francia Categoría:Nados en 1949 Categoría:Finados en 2023 Categoría:Nados en Baden-Württemberg