alt=Traxectoria animada da misión.|miniatura|Traxectoria animada da misión. A misión BepiColombo é unha misión de observación e exploración do planeta Mercurio levada a cabo en colaboración entre as axencias espaciais europeas (ESA) e xaponesa (JAXA)..
Características
Foi lanzada cun Ariane 5 dende a base da ESA en Kourou, representando unha carga de lanzamento de 4100 kg.
A misión componse de dúas naves, Mercury Planetary Orbiter (MPO), liderado pola ESA, e o Mercury Magnetospheric Orbiter (MMO), liderado por JAXA, transportadas ata destino polo Mercury Transfer Module (MTM), construído pola ESA:
Mercury Planetary Orbiter acubilla 11 experimentos cos seus correspondentes instrumentos nunha nave estabilizada nos tres eixos e tendo como referencia ó Nadir. Mercury Magnetospheric Orbiter transporta unha carga de cinco instrumentos nunha nave xiratoria.
Lanzada en outubro de 2018, aproveita o tirón gravitacional para chegar a destino, orbitar Mercurio en decembro de 2025, despois de sobrevoar por nove veces diversos planetas:
Un sobrevoo á Terra en abril de 2020; aproximación a 12 700 km de altura ás 06:24:58 hora oficial en España (CEST), atravesando o ceo de leste a oeste cunha magnitude de 8. Supón unha ralentización de case 5 km/s na súa velocidade. Dous a Venus en 2020 e 2021; Mercurio, seis veces entre 2021 e 2025. A primeira aproximación a Mercurio, a tan só 199 km, produciuse o 1 de outubro de 2021.
Correccións suplementarias son efectuadas polo sistema de propulsión iónico de MTM.
Na viaxe a destino segue unha órbita de transferencia heliocéntrica, e en Mercurio as dúas naves seguirán órbitas diferentes:
MPO: órbita polar de 400 × 1508 km, cun período de 2,3 h MMO: órbita polar de 400 × 11 824 km, cun período de 9,3 h
A duración prevista da misión arredor de Mercurio é dun ano.
Notas
Categoría:Astronáutica Categoría:Axencia Espacial Europea