Emma Olivia Chapman, nada en Aylesbury en 1988, é unha física británica e investigadora da Royal Society no Imperial College London. As súas investigacións indagan sobre a época de reionización. Pertence ao 1752 Group, que pretende acabar cos abusos sexuais no ámbito académico. En 2018 concedéronlle o Premio Athenea da Royal Society polos seus esforzos para promover cambios na política nacional nesta área.
Traxectoria Chapman obtivo o máster en Física na Universidade de Durham en 2010. Completou o seu doutoramento na University College de Londres. Gañou o Premio de Tese do Departamento de Físicas e Astronomía do Universtiy College London Chris Skinner.
Despois do seu doutoramento, Chapman permaneceu no University College de Londres como investigadora posdoutoral. Posteriormente foi galardoada cunha bolsa de investigación da Royal Astronomical Society en 2013. Gañou o Premio á Física do Ano do Institute of Physics en 2014. En 2018, a Royal Society outorgoulle unha bolsa Dorothy Hodgkin.
A súa investigación céntrase na Época da Reionización, cando as estrelas empezaron a irradiar luz no universo. Chapman traballa co telescopio de Baixa Frecuencia (LOFAR).
O grupo de 1752 Pertence ao chamado 1752 Group (O grupo 1752), unha pequena organización británica creada en 2015 para terminar co acoso sexual entre persoal e estudantes no mundo académico. Foi unha das principais oradoras sobre o tema na Conferencia Internacional de Mulleres en Física, da IUPAP. Asociouse á National Union of Students (NUS) para realizar unha enquisa sobre o acoso sexual entre persoal e estudantes. Constatouse que había unha mala conduta xeneralizada na educación superior e que as institucións non apoiaban adecuadamente ás vítimas. Champan falou sobre os prexuízos na ciencia na Royal Institution, Wellcome Collection e na BBC.
Premios Recibiu a Julia Higgins Medal Joselyn Bell Burnell Medal and Prize en 2014.
En 2018, Chapman recibiu o Premio Athena da Royal Society polo seu traballo para terminar co acoso sexual e o acoso escolar entre persoal e estudantes no mundo académico.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
BethAnn McLaughlin Mulleres en física
Ligazóns externas Dr Emma Chapman(en inglés) 1752 group/ (en inglés)
Categoría:Alumnos do University College London Categoría:Físicos do Reino Unido Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados en Buckinghamshire