Joan Elisabeth Lowther Clarke (tamén coñecida polo seu apelido de casada Joan Elisabeth Lowther Murray), nada en Londres o 24 de xuño de 1917 e finada en Headington, Oxfordshire, o 4 de setembro de 1996, foi unha criptoanalista e numismática inglesa que traballou nas instalacións militares británicas Bletchley Park durante a II guerra mundial.Miller, Joe. (2014).Lord, L. A. (2008). "Joan Elisabeth Lowther Clarke Murray". University of Saint Andrews.Stewart, I. (1997).
Clarke foi a única muller que traballou no equipo do matemático Alan Turing no proxecto Enigma, que desencriptou as comunicacións secretas da Alemaña nazi. O seu papel neste proceso valeulle premios e recoñecementos, como o nomeamento como membro da Orde do Imperio Británico, en 1946.Suplement to the London Gazette. 9 de xaneiro de 1946. Páxina 290.
Traxectoria
Primeiros anos Joan Elisabeth naceu en 1917 na zona residencial londiniense de West Norwood, a máis pequena dos cinco fillos de Dorothy Elisabeth Fulford e o crego William Kemp Lowther Clarke (tivo tres irmáns e unha irmá).
Estudou na escola feminina de ensino secundario Dulwich High School, no sur de Londres, e en 1936 acadou unha bolsa para estudar no Newnham College, da Universidade de Cambridge, onde obtivo un título de pregrao en matemáticas, con cualificacións de honra;Erskine, R. (2004). negóuselle a titulación completa de grao, xa que Cambridge só lles concedía este nivel aos homes ata 1948. Como resultado da súa excelencia académica concedéuselle o premio Philippa Fawcett en 1939.
As habelencias matemáticas de Clarke foron descubertas polo matemático anglo-estadounidense Gordon Welchman, nunha clase de Xeometría en Cambridge. Welchman foi un dos catro mellores matemáticos recrutados en 1939 para supervisar as operacións de descodificación en Bletchley Park. Logo de decatarse da potencialidade de Clarke, chamouna para que se unise a el e formase parte da Government Code and Cypher School (GCCS).
A GCCS comezou a funcionar en 1939 co propósito de romper o código Enigma alemán, baseado nunha máquina que os alemáns inventaron para encriptaren as súas mensaxes, coa crenza de que estas eran indescifrables. Clarke chegou por primeira vez a Bletchley Park o 17 de xuño de 1940 e inicialmente foi encadrada nun grupo só de mulleres coñecido como "as cativas", que se dedicaba principalmente ao traballo rutineiro de oficina. Naquel momento a criptoloxía non se consideraba un traballo para as mulleres e, segundo Clarke, el só coñecía outra criptóloga que traballaba en Bletchley Park.
Descifradora de códigos en Bletchley Park miniatura|Mulleres traballando en Bletchley Park En Bletchley Park, Clarke pasou a formar parte da sección Hut 8, dirixida por Alan Turing, e axiña se converteu na única muller en involucrarse no proceso criptoanalítico coñecido como "Banburismus", desenvolvido polo propio Turing, que reducía a necesidade de dispositivos electromecánicos para descifrar as mensaxes encriptadas alemás."Joan Clarke - The Best Banburist at Bletchley Park". 23 de setembro de 2017. Hidden Her Stories.Welchman, G. (2005). The Hut Six story: Breaking the Enigma codes. Cleobury Mortimer. M&M Baldwin. Páxinas 138-145. ISBN 9780947712341 Aínda que Clarke tiña o mesmo posto que os seus compañeiros varóns, pagábanlle menos polo feito de ser muller. O seu primeiro ascenso foi ao grao de lingüista (malia non falar máis idioma que o inglés), que foi concibido para lle proporcionar uns ingresos extra, como recoñecemento á súa carga de traballo e ás súas achegas ao equipo.
En 1941 capturáronse embarcacións alemás xunto aos seus equipamentos de cifraxe e os seus códigos. Antes da obtención desa información, os submarinos alemáns afundiran 282.000 toneladas de barcos ao mes desde marzo ata xuño daquel ano, e Clarke e o seu equipo lograron reducir ese número a 62.000 toneladas en novembro. Hugh Alexander, xefe da Hut 8 de 1943 a 1944, describiu a Clarke como "unha das mellores banburistas da sección".Burman, A. (2013). Páxina 39. O propio Alexander era considerado como o mellor dos "banburistas", e el chegaba a considerar o proceso máis como un xogo intelectual que como un traballo.
Clarke converteuse en subdirectora da Hut 8 en 1944, aínda que se lle impediu seguir ascendendo por mor do seu xénero e seguía a pagárselle menos que aos homes do seu mesmo nivel.
A amizade entre Clarke e Turing foi moi estreita desde pouco despois de coñecérense e continuou ata a morte de Turing en 1954. Mesmo, a principios de 1941, Turing chegou a proporlle matrimonio a Clarke, petición da que mesmo naceu un compromiso entre ambos, aínda que finalmente Clark decidiu non dar ese paso ao ser coñecedora da homosexualidade de Turing.Vídeo: "Joan Clarke: My Engagement to Alan Turing". Bletchley Park Research.
Despois da guerra Finalizada a guerra, Clarke comezou a traballar no Cuartel Xeral de Comunicacións do Goberno dos EEUU (GCHQ), onde coñeceu o Tenente Coronel John Kenneth Ronald Murray, un oficial retirado do exército que estivera destinado na India. Casaron o 26 de xullo de 1952 na Catedral de Chichester, nunha cerimonia oficiada polo bispo da diocese anglicana."Births, marriages, and deaths". En The Times. 29 de xullo de 1952. Páxina 1. Pouco despois do seu matrimonio, John Murray retirouse do seu traballo no GCHQ por mor da súa mala saúde e a parella trasladouse á pequena vila de Crail, en Escocia.Murray, J. (2010). A Crail Scrapbook. Crail. Crail Museum Trust. No entanto, ambos volveron incorporarse ao Cuartel Xeral de Comunicacións en 1962, onde Joan Clarke permaneceu ata 1977 , cando se xubilou aos 60 anos.Stewart, I. (1986). "Obituary: Lieutenant-Colonel J.K.R. Murray". En British Numismatic Journal. British Numismatic Society. 56. Páxinas 201-203
Logo da morte do seu home en 1986, Clarke trasladouse a Headington, en Oxfordshire, onde comezou a investigar no ámbito da numismática movida pola afección que o seu marido lle infundira. Durante a década de 1980 colaborou co historiador Harry Hinsley no apéndice do volume 3, parte 2, da publicación British Intelligence in the Second World War ("Intelixencia Británica na Segunda Guerra Mundial"), que viu a luz en 1988. Tamén asesorou historiadores que estudaban a ruptura de códigos en tempos de guerra en Bletchley Park. Debido ao segredo que rodea as actividades dos criptoanalistas, o alcance total dos seus logros segue a ser descoñecido.
Joan Clarke finou na súa casa do número 7 de Larkfields, en Headington, o 4 de setembro de 1996. O 27 de xullo de 2019 colocouse nesa casa unha das tradicionais "placas azuis de Oxfordshire" en lembranza da criptoanalista e numismática londiniense."Joan Murray, née Clarke (1917-1996) ". Oxfordshire Blue Plaques Scheme.
Investigadora numismática Logo de coñecer o que logo sería o seu marido, John Murray, que publicara algúns traballos sobre a moeda escocesa dos séculos XVI e XVII, Clarke comezou a amosar tamén interese pola historia da moeda. As súas investigacións levárona a establecer a secuencia das complexas series de moedas escocesas coñecidas como unicorn de ouro e groat de prata que circulaban en Escocia durante os reinados de Xacobe III e Xacobe IV,Véxase (1971) en "Publicacións numismáticas". e as súas achegas á numismática foron recoñecidas en 1986 pola British Numismatic Society coa concesión da Medalla de Ouro Sanford Saltus."Sanford Saltus Gold Medal". British Numismatic Society. O número 405 da publicación periódica Numismatic Circular describe a súa dedicación á numismática escocesa como "maxistral".
Recoñecementos
1939: Premio Philippa Fawcett. 1946: Membro da Orde do Imperio Británico. 1987: Medalla de Ouro Sanford Saltus, da British Numismatic Society.
Publicacións numismáticas Os artigos de Joan Clark sobre numismática escocesa publicados en revistas do sector e como colaboración en obras colectivas foron compilados por Ian Stewart no seu obituario publicado no British Numismatic Journal, da Sociedade Británica de Numismática:
(1967): "Unpublished Scottish Coins IV. Early James III" (con B. H. I. H. Stewart). En Numismatic Chronicle. Royal Numismatic Society. Vol. 7. Páxinas 147-161. (1968): "Review: The Scottish Coinage, by I. H. Stewart". En British Numismatic Journal. British Numismatic Society. Vol. 37. Páxinas 201-202. (1969): "Hoards in Scotland under James IV". En Numismatic Circular. Spink & Son. Xuño. Páxina 199. (1970): "Unpublished Scottish Coins V. Light Groats and Base Groats of James III" (con B. H. I. H. Stewart). En Numismatic Chronicle. Royal Numismatic Society. Vol 10. Páxinas 163-186. (1971): "The Early Unicorns and the Heavy Groats of James III and IV". En British Numismatic Journal. British Numismatic Society. Vol. 40. Páxinas 62-96. (1977): "The Black Money of James III". En Metcalf, D. M. (ed.). Coinage in Medieval Scotland (1100-1600); Second Symposium on Coinage and Monetary History. Oxford. British Archaeological Reports, 45. Páxinas 115-130. ISBN 978-0860540021 (1977): "The Organisation and Work of the Scottish Mint, 1358-1603" En Metcalf, D. M. (ed.). Coinage in Medieval Scotland (1100-1600); Second Symposium on Coinage and Monetary History. Oxford. British Archaeological Reports, 45. Páxinas 155-170. ISBN 978-0860540021 (1978): "Elvet Moor, Lumphanan and Drumnadrochit Finds of Late Fourteenth-Century Scottish Coins". En British Numismatic Journal. British Numismatic Society. Vol. 48. Páxinas 73-79. (1979): "The First Gold Coinage of Mary Queen of Scots". En British Numismatic Journal. British Numismatic Society. Vol. 49. Páxinas 82-6. (1980): "Some Placks and Base Groats of James III of Scotland" (con M. R. Cowell). En Metcalf, D. M.; Oddy, W. A. (eds). Metallurgy in Numismatics I. Royal Numismatic Society. Páxinas 180-183. ISBN 9780901405142 (1980): "Notes on the Vicit Leo Testoons of Mary Queen of Scots" (con J. K. R. Murray). En British Numismatic Journal. British Numismatic Society. Vol. 50. Páxinas 81-90. (1982): "Innerwick Hoard, 1979" (con D. H. Caldwell e M. Delme-Radcliffe). En British Numismatic Journal. British Numismatic Society. Vol. 52. Páxinas 132-50. (1982): "Review: The Scottish Antiquarian Tradition, by A.S. Bell". En British Numismatic Journal. British Numismatic Society. Vol. 52. Páxina 260. (1983): "St. Andrews Mint under David I" (con I. Stewart). En British Numismatic Journal. British Numismatic Society. Vol. 53. Páxinas 178-80. (1983): "Monnaies "au Globe et a la Croix" Appartenant a des Collections Beiges" (con C. van Nerom de Bue). En Revue Belgue de Numismatique. Société royale de numismatique de Belgique. Nº 129. Páxinas 91-118. (1987): "The Coinage of the Marians in Edinburgh Castle in 1572". En British Numismatic Journal. British Numismatic Society. Vol. 57. Páxinas 47-53 (véxase adenda en 1989). (1988 ): "A Tender for the Scottish Coinage in 1538". En Nayhew, N. J.; Spufford, P. (eds.). Later Medieval Mints: Organisation, Administration and Techniques. British Archaeological Reports. Páxinas 222-228. ISBN 978-0860545033 (1989): "The Coinage of the Marians in Edinburgh Castle in 1572 - An Addendum". En British Numismatic Journal. British Numismatic Society. Vol. 59. Páxina 213. (1991): "The Location of the Edinburgh Mint, 1358 to 1463 - and Linlithgow Mint". En British Numismatic Journal. British Numismatic Society. Vol. 61. Páxinas 126-129. (1995): "Review: Changing Values in Medieval Scotland, by E. Gemmill and N. Mayhew". En British Numismatic Journal. British Numismatic Society. Vol. 65. Páxinas 256-257.
Clarke na ficción