Os Albuquerque Isotopes son un equipo de béisbol estadounidense das Ligas Menores (Minor League Baseball) con sede en Albuquerque, Novo México. O club, de clase Triple-A, compite na East Division da Pacific Coast League. Actualmente están afiliados aos Colorado Rockies da Major League Baseball. O equipo xoga os seus xogos como local no Rio Grande Credit Union Field at Isotopes Park, un estadio con capacidade para 13.500 espectadores situado a unha altitude de 1.555 metros sobre o nivel do mar. O nome do club fai referencia a un capítulo dos Simpson onde o club local, os Isotopos de Springfield, estivo a piques de trasladarse a Albuquerque. En 2016 Forbes clasificou ao equipo como o décimo cuarto máis valioso das Ligas Menores.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Equipos das MiLB