Ramón Barreiro Rodríguez, nado en Sisán (Ribadumia) en 1917 e finado na Portela o 15 de setembro de 1936, foi un xornalista e político galego.
Traxectoria dereita|miniatura|Escavación das fosas onde se soterrou a Ramón Barreiro e Castor Cordal en Curro. Publicou poemas e caricaturas en La Hora. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse nun muíño da parroquia de Armenteira. Os seus pais foron torturados para que confesasen o seu paradoiro. Ao pai rompéronlle as pernas dunha malleira no cuartel da Garda Civil e a súa nai foi violada, cegárona con ácido e rapáronlle o pelo, e a causa das torturas faleceu pouco despois. Foi delatado por un cuñado do seu pai. Detido, foi asasinado con Castor Cordal Garrido nun eucaliptal a carón da estrada Pontevedra-Vilagarcía de Arousa na Portela. Os asasinos levaron os corpos atados a unha escada de man e soterráronos destras do adro da igrexa de Curro. Antes de soterralo cortáronlle un dedo para apoderarse dun anel. Os cadáveres foron exhumados en outubro de 2009.
O seu irmán foi mobilizado polas tropas golpistas e pasouse ao bando leal.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Ribadumia Categoría:Nados en 1917 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Xornalistas asasinados