Joe Frank Edwards Jr., nado en Richmond (Virxinia) o 3 de febreiro de 1958, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte da misión STS-89. Pasou un total de 8,83 días no espazo.

Traxectoria Edwards graduouse en ciencias e enxeñería aeroespacial pola Academia Naval dos Estados Unidos en 1980. É máster en sistemas de aviación pola Universidade de Tennessee (Knoxville) en 1994.

Foi seleccionado pola NASA como astronauta en decembro de 1994, participando na misión STS-89 e pasando un total de 8,83 días no espazo. Retirouse da NASA o 30 de abril de 2000.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-89

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1958 Categoría:Nados en Virxinia