Donn Fulton Eisele, nado en Columbus (Ohio) o 23 de xuño de 1930, foi un astronauta estadounidense que participou na misión Apollo 7. Pasou un total de 10,84 días no espazo.
Traxectoria Eisele graduouse en ciencias pola Academia Naval dos Estados Unidos en 1952. Foi máster en astronáutica polo Instituto de Tecnoloxía da Forza Aérea da Base Wright-Patterson da Forza Aérea en 1960.
Durante a súa carreira na Forza Aérea foi enxeñeiro de proxecto e piloto de probas no Centro de Armas Especiais da Forza Aérea na Base Kirtlan da Forza Aérea en Novo México, acumulando máis de 4200 horas de voo.
Eisele formou parte do terceiro grupo de astronautas da NASA, constituído en outubro de 1963. O 11 de outubro de 1968 formou parte da misión Apollo 7 como piloto do módulo de mando, xunto con Walter M. Schirra (comandante) e Walter Cunningham (piloto do módulo lunar). Apollo 7 foi a primeira misión orbital tripulada dunha nave Apollo e foi lanzada para probar sistemas e técnicas a usar máis adiante. Eisele tamén foi reserva para o piloto do módulo de mando da misión Apollo 10. Pasou un total de 10,84 días no espazo. En xullo de 1972 retirouse tanto da Forza Aérea como da NASA e pasou a ser director dos Corpos de Paz dos Estados Unidos en Tailandia. Faleceu o 2 de decembro de 1987 durante unha viaxe de negocios a Tokyo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Apollo 7 Apollo 10
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1930 Categoría:Nados en Ohio