Experimental Geodetic Satellite, coñecido tamén polo seu acrónimo EGS e denominado ás veces EGP (Experimental Geodetic Payload), rebautizado como Ajisai ao chegar a órbita, é un satélite artificial da axencia espacial xaponesa NASDA lanzado o 12 de agosto de 1986 mediante un foguete H-I desde o Centro Espacial de Tanegashima. Foi o primeiro satélite en ser lanzado mediante este foguete.
Características EGS tivo dúas misións:
Comprobar e estudar o comportamento da segunda etapa do foguete H-I que o lanzou ao espazo no seu voo inaugural. Determinar de maneira precisa a posición de varias pequenas illas do arquipélago do Xapón. A superficie cuberta con 318 espellos e 1436 cubos retrorreflectores do satélite tamén permitía medicións fotométricas e direccionais para estudos xeodésicos.
Notas
Véxase tamén Outros artigos H-I
Categoría:Satélites artificiais