Time Out of Mind é o trixésimo álbum de estudio do músico estadounidense Bob Dylan, publicado o 30 de setembro de 1997 a través do selo Columbia Records. Foi o seu primeiro disco de estudio dobre (en vinilo) dende Self Portrait, editado en 1970. O disco tamén foi lanzado como un único CD.
Para moitos fans e críticos, o álbum marcou o regreso artístico de Dylan despois de que pareceu unha loita coa súa identidade musical ao longo dos anos 80; non editara ningún material orixinal en sete anos, dende o Under the Red Sky de 1990. Time Out of Mind é aclamado como un dos mellores álbums de Dylan, e gañou tres premios Grammy, incluído o de álbum do ano, en 1998. Tamén ocupou o posto número 410 na lista da Rolling Stone dos 500 mellores álbums de todos os tempos en 2012.
O álbum ten un son atmosférico grazas ao traballo innovador do produtor Daniel Lanois, que colocou os micrófonos coidadosamente e realizou unha estratéxica mestura detallada por Dylan nas súas memorias, Chronicles: Volume One. Aínda que Dylan falou positivamente do estilo de produción de Lanois, non quedou satisfeito co son de Time Out of Mind.
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de Bob Dylan Categoría:Álbums musicais de 1997 Categoría:Álbums producidos por Daniel Lanois Categoría:Álbums de Columbia Records