El rey é un filme colombiano de 2004 dirixido por José Antonio Dorado Zúñiga. Foi unha coprodución internacional entre Colombia, Francia e España. Conta a historia de Pedro Rey e os inicios do narcotráfico en Colombia. Foi gañador de diversos premios culturais e de selección pública arredor do mundo. Estivo nomeado ós Premios Goya en España e foi candidato de Colombia para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 77ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse O filme, que está ambientado na cidade de Cali a finais da década de 1960, conta a historia de Pedro Rey, un dos primeiros xefes dos cárteles colombianos do narcotráfico, o seu progreso dende a propiedade dun local nocturno até chegar a dominar o mercado dos Estados Unidos e a súa posterior caída. Na historia, nárrase a corrupción de tódolos estamentos políticos, que permiten que a xente sen principios poida ascender a base de asasinatos e cartos.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Colombia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 77ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2004 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de Colombia Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de España