miniatura|250px|Ciro Guerra, primeiro director colombiano cuxo filme foi nomeado. Colombia presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional dende o ano 1980. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.

A proposta colombiana é decidida anualmente polo Consello Nacional de Cinematografía, unha póla do Ministerio de Cultura de Colombia. Até o ano 2024, Colombia presentouse a competición 33 veces, sendo nomeado unha vez para o Óscar.

Propostas A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956. O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio. A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Colombia para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

En 2004, Colombia anunciou a elección de María, llena eres de gracia como o seu candidato ó Óscar, e o filme foi promovida como un dos principais candidatos para gañar o premio. Porén, o filme foi descualificado pola Academia xa que o filme, un drama que gañou o premio ó mellor filme colombiano no Festival Internacional de Cinema de Cartaxena de Indias, malia contar con personaxes colombianos e estar protagonizada pola actriz Catalina Sandino Moreno, non puido ser cualificado como produción colombiana por estar escrito e dirixido por un estadounidense, Joshua Marston. Despois dunha apelación sen éxito, Colombia presentou El rey no seu lugar. Malia que o filme foi descualificado, Catalina Sandino Moreno foi nomeada ó Óscar á mellor actriz e é a única colombiana en ser nomeada nunha categoría de interpretación.

Ciro Guerra é o director con máis propostas ó premio, cun total de catro filmes, e o seu filme El abrazo de la serpiente (2015) é o único filme colombiano en ser nomeado. Os directores Sergio Cabrera, Carlos Moreno e Jorge Alí Triana presentaron os seus filmes dúas veces cada un, mais ningún saíu nomeado. Tódalas propostas colombianas foron rodadas principalmente en castelán, agás Pájaros de verano (2018) que foi rodada principalmente en lingua wayuu.

Ano(Cerimonia) Título Director Resultado 1980(53ª) El inmigrante latino 1984(57ª) Cóndores no entierran todos los días 1986(59ª) Tiempo de morir 1991(64ª) Confesión a Laura 1994(67ª) La estrategia del caracol 1996(69ª) Edipo alcalde 1997(70ª) La deuda Manuel José Álvarez e Nicolás Buenaventura 1998(71ª) La vendedora de rosas 1999(72ª) Golpe de estadio 2001(74ª) La virgen de los sicarios 2002(75ª) Los niños invisibles 2003(76ª) La primera noche '|

| align="center" | 2004(77ª) | El rey|

| align="center" | 2005(78ª) | La sombra del caminante|

| align="center" | 2006(79ª) | Soñar no cuesta nada|

| align="center" | 2007(80ª) | Satanás|

| align="center" | 2008(81ª) | Perro come perro|

| align="center" | 2009(82ª) | Los viajes del viento|

| align="center" | 2010(83ª) | El vuelco del cangrejo|

| align="center" | 2011(84ª) | Los colores de la montaña|

| align="center" | 2012(85ª) | El cartel de los sapos|

| align="center" | 2013(86ª) | La playa DC|

| align="center" | 2014(87ª) | Mateo|

| align="center" | 2015(88ª) | El abrazo de la serpiente| | style="background: #bfd| |- | align="center" | 2016(89ª) | Alias María|

| align="center" | 2017(90ª) | Pariente|

| align="center" | 2018(91ª) | Pájaros de verano| Cristina Gallego e Ciro Guerra | style="background: powderblue | |- | align="center" | 2019(92ª) | Monos| Alejandro Landes

| align="center" | 2020(93ª) | El olvido que seremos| Fernando Trueba

| align="center" | 2021(94ª) | Memoria| Apichatpong Weerasethakul

| align="center" | 2022(95ª) | Los reyes del mundo| Laura Mora

| align="center" | 2023(96ª) | Un varón| Fabián Hernández Alvarado

| align="center" | 2024(97ª) | La Suprema| Felipe Holguín

| align="center" | 2025(98ª) | Un poeta'' Simón Mesa Soto

Notas

Categoría:Cinema de Colombia Colombia