A reserva india dos cheyennes do norte (en , en ) é o territorio da tribo recoñecida federalmente dos cheyenne do norte. Situada no sueste de Montana, a reserva ten unha superficie aproximada de 690 Km², e é o fogar de arredor de 5.000 cheyennes. A sede central da tribo e do seu goberno está situada en Lame Deer, onde ten lugar tamén o pow wow anual dos cheyennes do norte.

A reserva está delimitada polo leste polo río Tongue e ao oeste pola reserva india dos Crow. Ademais, ten pequenas parcelas de terras en fideicomiso non contiguas e fóra da reserva no condado de Meade, en Dacota do Sur. As súas serras madeireiras que se estenden até o noroeste de Dacota do Sur son parte do bosque nacional de Custer. Segundo os datos de inscrición tribal, a tribo ten aproximadamente 9 802 membros inscritos, dos que 4 562 residían na reserva. Notas

Categoría:Pobo cheyenne Categoría:Reservas indias de Dacota do Sur