Perro come perro é un filme colombiano de 2008 dirixido por Carlos Moreno. Relata a historia de dous asasinos ó servizo dun poderoso empresario de Cali desexoso de vingar a morte do seu afillado e recuperar os seus cartos roubados. Estreouse no Festival de Cinema de Sundance de 2008. Foi escollido como candidato de Colombia ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 81ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Personaxes Marlon Moreno como Víctor Peñaranda Óscar Borda como Eusebio Benítez Blas Jaramillo como "El Orejón" Paulina Rivas como Iris Álvaro Rodríguez como Silvio Sierra Andrés Toro como Zabala

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Colombia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 81ª edición dos Óscar

Ligazóns externas

Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2008 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de Colombia Categoría:Filmes ambientados en Colombia Categoría:Filmes rodados en Colombia