A herdanza borgoñoa é o nome dos territorios da dinastía borgoñoa que acabaron en mans da Coroa de Castela e a Coroa de Aragón representada por Carlos I, por herdanza de Filipe o Fermoso, rei consorte de Castela.
Orixe A herdanza tivo a súa orixe en Filipe III de Francia e en Roberto I de Artois. Filipe III foi o pai de Filipe IV de Francia e este foi o pai de Lois X de Francia (m. 1316), de Carlos IV de Francia (m. 1328) e de Filipe V o Longo (m. 1322), casado con Xoana de Borgoña, condesa de Artois e Borgoña.
Filipe III foi o pai de Carlos de Valois e este de Filipe VI de Francia (m. 1350) e de Carlos. Filipe VI tivo a Xoán II de Francia o Bo, que foi duque de Borgoña (1361-1363) e rei de Francia, e morreu en 1364. Estivo casado dúas veces: a primeira con Bona e a segunda con Xoana de Auvernia.
Reunión de Artois e o condado palatino de Borgoña
Artois
Roberto I, conde de Artois (m. 1250). Roberto II, conde de Artois 1250-1302 (m. 1302). Filipe (m. 1298). Roberto III, conde de Artois 1302-1309 (m. 1309) Matilde, condesa de Artois 1309-1329 (m. 1329), casada con Otón IV de Borgoña, conde de Borgoña. Xoana de Borgoña, condesa de Artois e Borgoña (m. 1329), casada con Filipe V de Francia o Longo.
Condado palatino de BorgoñaNon confundir co Ducado de Borgoña. O conde Otón IV de Borgoña casou con Matilde, condesa de Artois (1309-1329) e tiveron só unha filla: Xoana de Borgoña, condesa de Artois por herdanza materna e condesa de Borgoña por herdanza paterna. Morreu en 1329 e deixou cinco fillos do seu casamento con Filipe V de Francia o Longo (morto en 1322)
Filipe V o Longo e Xoana de Borgoña e Artois. Lois (morto en 1317). Xoana de Francia (morreu 1347), condesa de Artois e Borgoña 1329-1347, casada co duque Odón IV de Borgoña (morto en 1350). Filipe (morto en 1346) casado con Xoana de Auvernia (véxase máis arriba) que despois casou con Xoán II de Francia o Bo. Filipe de Rouvres, conde de Artois e Borgoña (1347-1361) por herdanza da súa avoa Xoana de Francia, e duque de Borgoña (1350-1361) por herdanza de seu avó Odón IV; á súa morte, a herdanza da avoa pasou á súa tía Margarida I e a do avó a Xoán II de Francia (1361-1363)Xoán II tiña catro fillos: Carlos V de Francia, Lois I duque de Anjou, Xoán duque de Berry e Filipe o Audaz; cedeu o ducado de Borgoña ao seu fillo Filipe o Audaz o 6 de setembro de 1363).. Margarida I > ver a continuación Flandres-Nevers-Rethel. Isabel. Branca.
Unión de Artois, condado de Borgoña, Flandres, Nevers e Rethel
Margarida I (m. 1382) herdou os condados de Artois e Borgoña (1361-1382) do seu bisneto Filipe de Rouvres en 1361. Casada con Lois II (m. 1384), conde de Nevers e Rethel e conde de Flandres. Margarida II, condesa de Artois e Borgoña 1382 - 1405, III condesa de Flandres e condesa de Nevers e Rethel 1384-1405. Casou con Filipe o Audaz, duque de Borgoña (1363 - 1404)Á morte do seu marido en 1404, o goberno dos condados de Margarida pasaron de feito ao seu fillo, malia que de iure non foi ata o 1405.. Xoán I sen medo, duque de Borgoña, conde de Artois, conde de Borgoña, conde de Flandres, conde de Nevers (que cedeu ao seu irmán Filipe II en 1384), conde de Rethel (que cedeu ao seu fillo Antonio o 1493), e outros títulos, 1404-1419 Filipe III de Borgoña (engadiu numerosos estados aos Países Baixos), 1419-1467 Carlos o Temerario, duque de Borgoña, duque de Brabante, duque de Güeldres (1472-1477), duque de Limburgo, duque de Lothier, duque de Luxemburgo, conde de Zutphen (1472-1477), Artois, Borgoña, de Charollais, de Flandres, Hainaut, dos Países Baixos, de Mâcon, e de Zelandia, e marqués de Namur 1467-1477. María de Borgoña, casada con Maximiliano I de Austria, herdeira de Carlos o Temerario, 1477-1482 Filipe o Fermoso 1482-1506, casado con Xoana a Tola, raíña de Castela, filla e herdeira de Fernando o Católico e Isabel a CatólicaA lei sálica en Aragón non permitía reinar ás mulleres: polo tanto Xoana non podía reinar e a coroa tería pasado a Filipe pero cando Xoana e Filipe casaron en 1506, Fernando o Católico aínda estaba vivo; tratou de ter un fillo varón para preservar a independencia do seu reino pero non o conseguiu; Xoana foi raíña nominal de Castela ata o 1555, pero Carlos, fillo de Xoana e Filipe, e neto de Fernando herdou a este último cando morreu en 1516; de feito, pola incapacidade da nai, recibiu tamén a administración de Castela polo testamento de Fernando e recoñecéuselle o título real en Aragón o 1517 e en Castela en 1518..
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Borgoña Coroa de Castela Coroa de Aragón Carlos I Filipe o Fermoso
Categoría:Historia de Francia Categoría:Historia de Bélxica Categoría:Historia dos Países Baixos Categoría:Historia de España