Thorgan Ganael Francis Hazard, nado o 29 de marzo de 1993 en La Louvière, é un futbolista belga. Pode xogar de mediapunta ou extremo e o seu actual club é o Borussia Dortmund da Bundesliga. É o irmán máis novo de Eden Hazard, e o irmán máis vello de Kylian Hazard.
Traxectoria Hazard comezou a súa traxectoria profesional no RC Lens da Ligue 1 francesa, e en 2012 asinou co Chelsea FC, seguindo os pasos do seu irmán máis vello Eden. Durante a súa etapa en Londres, non chegou a disputar ningún partido oficial co Chelsea, xa que foi cedido dúas tempadas ó SV Zulte Waregem belga, e unha ó Borussia Mönchengladbach. En febreiro de 2015, Hazard asinou co Mönchengladbach un contrato por cinco anos.
O 22 de maio de 2019, Hazard fichou polo Borussia Dortmund a cambio de 25.5 millóns de euros. O xogador belga asinou un contrato de cinco anos co equipo alemán.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en UEFA.com Perfil en Soccerway.com
Categoría:Nados en 1993 Categoría:Nados en La Louvière Categoría:Futbolistas de Bélxica Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do RC Lens Categoría:Xogadores do Chelsea FC Categoría:Xogadores do SV Zulte Waregem Categoría:Xogadores do Borussia Mönchengladbach Categoría:Xogadores do Borussia Dortmund Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Bélxica Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2022