DRTS (acrónimo de Data Relay Transponder Satellite), coñecido tamén como Kodama, é un satélite de comunicacións da axencia espacial xaponesa NASDA lanzado o 10 de setembro de 2002 mediante un foguete H-IIA desde o Centro Espacial de Tanegashima.
Características DRTS ten forma aproximada de cubo cunhas dimensións de 2,2 x 2,4 x 2,2 m. O seu obxectivo é transmitir datos entre satélites e outras naves e facer experimentos de comunicacións. A alimentación eléctrica corre a cargo de paneis solares que totalizan 17 m2 de superficie e xeran ata 2,1 kW de potencia. Sirveu e sirve de enlace cos satélites ALOS, ADEOS 2 e co módulo Kibo da Estación Espacial Internacional.
Notas
Categoría:Satélites artificiais