Youri Marion A. Tielemans, nado o 7 de maio de 1997 en Sint-Pieters-Leeuw, é un futbolista belga. Xoga de centrocampista e o seu actual club é o Leicester City FC da Premier League inglesa.
Traxectoria En xullo de 2013 fixo o seu debut coma profesional no RSC Anderlecht belga, na derrota por 2-3 contra o KSC Lokeren na primeira xornada de liga. O 2 de outubro de 2013 converteuse no xogador belga máis novo en debutar na Liga de Campións da UEFA, saíndo coma titular contra o Olympiacos FC á idade de 16 anos e 148 días.
O 24 de maio de 2017, Tielemans fichou polo AS Monaco da Ligue 1 francesa a cambio de 25 millóns de euros, asinando un contrato por cinco anos.
O 31 de xaneiro de 2019, Tielemans foi cedido ó Leicester City FC da Premier League inglesa ata o remate da tempada. O 8 de xullo de 2019, Tielemans asinou un contrato de catro anos co Leicester City, tras pagar o club inglés 40 millóns de euros ó Monaco.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en UEFA.com
Categoría:Nados en 1997 Categoría:Nados na provincia do Brabante Flamengo Categoría:Futbolistas de Bélxica Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do RSC Anderlecht Categoría:Xogadores do AS Monaco FC Categoría:Xogadores do Leicester City FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Bélxica Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2022 Categoría:Xogadores da Eurocopa de Fútbol de 2024 Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2026