A dos pectínidos (Pectinida) é unha orde de moluscos bivalvos,Order Pectinida Gray 1854 en Fossilworks. da subclase dos pteriomorfios.Pectinida no WoRMS.

Comprende numerosas especies mariñas de tamaño de mediano a grande, vulgarmente coñecidas como vieiras e outras similares.

Crese que comezaron a súa evolución no ordovícico medio tardío; moitas especies, por suposto, seguen vivindo na actualidade.

Taxonomía Descrición A orde foi descrita en 1854 polo naturalista inglés John Edward Gray.

Nota taxonómica As familias dos Pectinida foron durante moito tempo integradas na orde dos ostreoides (Ostreoida), que comprende as ostras. Pero, en 2010, unha proposta dun novo sistema de clasificación dos bivalvos foi publicada por Bieler, Carter & Coan, incluíndo a orde Pectinida Gray, 1854.

Superfamilias Segundo o WoRMS, a orde comprende as seguintes superfamilias: Anomioidea Rafinesque, 1815 Dimyoidea P. Fischer, 1886 Pectinoidea Rafinesque, 1815 Plicatuloidea Gray, 1854

Características miniatura|290px|Os ollos son visíbeis en forma de puntos negros brillantes no bordo do manto, como nesta vieira coas valvas entreabertas.

Trátase de bivalvos de cuncha semicircular, xeralmente decorada con costelas radiais (que algunhas veces desenvolven espiñas, especialmente na familia dos espondílidos (Spondylidae).

En xeral, unha valva, a inferior, é case plana, e a outra, a superior, máis avultada.

O manto (ás veces moi vistoso) está bordeado, ao longo da súa apertura, por unha serie de ollos bastante sofisticados, que permiten a moitas especies con capacidade de movemento (como as do xénero Pecten) movérense cara a un lugar seguro ou fuxiren dunha ameaza.

Como a maioría dos bivalvos, estes animais aliméntanse filtrando a auga de mar a través de órganos especializados, da que extraen o plancto, que dirixen cara aos seus estómagos.

Algunhas especies son explotadas comercialmente (e son moi apreciadas gastronomicamente), como as vieiras (Pecten maximus) e outras especies do seu xénero, como Pecten jacobaeus.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Bieler, R., Carter J. G. & Coan E .V. (2010): "Classification of Bivalve families". En: Bouchet P. & Rocroi J.-P. (2010): "Nomenclator of Bivalve Families". Malacologia 52 (2): 1-184. Bieler, R.; Mikkelsen, P. M.; Collins, T. M.; Glover, E. A.; González, V. L.; Graf, D. L.; Harper, E. M.; Healy, J.; Kawauchi, G. Y.; Sharma, P. P.; Staubach, S.; Strong, E. E.; Taylor, J. D.; Tëmkin, I.; Zardus, J. D.; Clark, S.; Guzmán, A.; McIntyre, E.; Sharp, P. & Giribet, G. (2014): "Investigating the Bivalve Tree of Life – an exemplar-based approach combining molecular and novel morphological characters". Invertebrate Systematics 28 (1): 32-115. Lemer, Sarah; Vanessa L. González, Rüdiger Bieler & Gonzalo Giribet (2016): "Cementing mussels to oysters in the pteriomorphian tree: a phylogenomic approach". Proceedings of the Royal Society B (Biological Sciences)'' 283''' (1833)

Outros artigos Bivalvos

Categoría:Pectínidos