Xaquín Núñez Sabarís, nado en Zacande (Meis) en 1973, é un profesor e escritor galego.
Traxectoria Compostelán de vocación, asentado en Braga e con raíces no Brasil, a súa infancia aniña en Urdilde e en Zacande.
Estudou na USC e doutorouse en Filoloxía Hispánica. É Profesor Catedrático de estudos españois e hispanoamericanos, no Departamento de Estudos Românicos da Universidade do Minho. Desenvolve a súa investigación no Centro de Estudos Humanísticos da Universidade do Minho, no grupo de investigación “Identidade(s) e Intermedialidade(s). Ademais, integra o grupo de investigación da Universidade de Santiago de Compostela, dedicado ao estudo da obra de Valle-Inclán. A súa tese de doutoramento foi Femeninas de Valle-Inclán, estudio y edición crítica, dirixida por Javier Serrano Alonso na USC en 2002.
Ten estudado en numerosas publicacións o teatro e a narrativa hispánica contemporánea, tamén a literatura en contextos multilingües e as relacións entre a cultura e a literatura hispánica e lusófona. Participou na comisión que elaborou o sistema de avaliación do Celga. É membro do comité editorial da revista Diacrítica (Universidade do Minho) e Lenguaje y Textos. Dirixe a revista 2i/Revista de estudos de identidade e intermedialidade. Colaborou en Sermos Galiza.
Publicacións
La novela corta en Valle-Inclán. Estudio textual en "Femeninas" (2005). Universidade de Santiago de Compostela. 293 páxs. ISBN 84-9750-270-1. Valle-Inclán en el fin de siglo: Femeninas (2005). Pontevedra: Deputación de Pontevedra, Servizo de Publicacións. 270 páxs. ISBN 84-8457-253-6. Geografías literarias. Un itinerario (inter)cultural por Galicia (2018). Santiago de Compostela, USC Editora. 118 páxs. ISBN 978-84-16954-73-5. Enseñar literatura en la universidad del siglo XXI. De la lección a la unidad didáctica en tres clásicos hispánicos del XX (2019). Asociación Cultural y Científica Iberoamericana (ACCI). 156 páxs. ISBN 978-84-17867-37-9. Cartografías na narrativa galega contemporánea (2020). Galaxia. 168 páxs. ISBN 978-84-9151-468-8. Rizomas narrativos en la pantalla global. Literatura expandida en Breaking Bad y otras series televisivas (2025). Peter Lang Group AG. 140 páxs. ISBN 9783631931745. Mañá, cando sexamos luns (2026). Vigo: Xerais. 312 páxs. ISBN 978-84-1110-776-1. ePub: ISBN 978-84-1110-777-8. Un thriller social que retrata con precisión cirúrxica a sociedade contemporánea.
Publicacións colectivas
"Eça de Queirós en Valle Inclán", en: Diálogos ibéricos e iberoamericanos (Recurso electrónico), 2010, páx. 53. Aula de galego 2 (2009). Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Premios
Premio Valle-Inclán de investigación convocado pola Deputación de Pontevedra e o Concello de Vilanova en 2004, polo estudo de "Féminas" de Valle-Inclán. Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2019, por Cartografías da narrativa galega contemporánea.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Web do autor
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en 1973 Categoría:Nados en Meis Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes