O krai de Kamchatka () é un dos nove krais de Rusia, un tipo de suxeito federal cuxo centro administrativo é a cidade de Petropavlovsk-Kamchatsky. A superficie do territorio é de 472.300 km² e a poboación era de 322.079 en 2010.
Atópase no extremo leste do país, no distrito de Extremo Oriente, limitando ao norte con Chukotka, ao leste co mar de Bering e o océano Pacífico, ao sur coas illas Kuriles (Sakhalin) e ao oeste co mar de Okhotsk e Magadan.
O krai foi fundando o 1 de xullo de 2007Rusia tiene desde ayer una nueva entidad territorial, la Región de Kamchatka como resultado da fusión da óblast de Kamchatka e o distrito autónomo Koryak, tras un referendo que tivo lugar o 23 de outubro de 2005. O distrito autónomo de Koryak pasou a denominarse simplemente como okrug de Koryak.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Fotos de Petropavlovsk-Kamtchatski Historia de Petropavlovsk-Kamtchatski Comunidade Krai de Kamchatka
Categoría:Krais de Rusia