Trent John Alexander-Arnold, nado o 7 de outubro de 1998 en Liverpool, é un futbolista inglés. Xoga de lateral dereito e o seu actual club é o Liverpool FC da Premier League inglesa.
Traxectoria Formado nas categorías inferiores do Liverpool FC, debutou co primeiro equipo O 25 de outubro de 2016, na vitoria por 2-1 contra o Tottenham Hotspur, na cuarta rolda da EFL Cup. Debutou na Premier League o 14 de decembro de 2016, saíndo dende o banco na vitoria por 3-0 contra o Middlesbrough.
Palmarés Liverpool
Premier League (1): 2019/20 EFL Cup (1): 2021/22. Liga de Campións (1): 2018/19. Supercopa de Europa (1): 2019. Copa Mundial de Clubs (1): 2019.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil no sitio web oficial do Liverpool FC Perfil en Soccerbase.com
Categoría:Nados en 1998 Categoría:Nados en Liverpool Categoría:Futbolistas de Inglaterra Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Liverpool FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Inglaterra Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2022 Categoría:Xogadores da Eurocopa de Fútbol de 2024