Elia María González-Álvarez y López-Chicheri, nada en Roma o 9 de maio de 1905 e finada en Madrid o 8 de xullo de 1998, foi unha deportista, campioa de tenis, escritora, feminista e xornalista española, coñecida como Lilí Álvarez.
Traxectoria miniatura|Lilí Álvarez no Torneo de Roland Garros de 1931 levando a súa controvertida "saia-pantalón" Álvarez naceu no Hotel Flora de Roma, Italia, durante unha estadía dos seus adiñeirados pais."Cuando el fútbol no era el rey: Los deportes en el espacio público" Page 192 Carles Sirera Miralles 2011 "Un buen ejemplo de las múltiples contradicciones que esta dualidad podría haber generado es la controvertida biografía de la tenista, varias veces subcampeona en Wimbledon, Lilí Álvarez. Nacida en 1905 en Roma, su madre era la esposa ..." Creceu en Suíza, país onde o papel da muller estaba máis avanzado que en España, polo que puido comezar a practicar deporte dende moi nova.
De nena xogaba ao billar subida nunha cadeira, cando aínda non lle chegaba á mesa. Aos catro anos aprendeu patinaxe sobre xeo, e despois conseguiu vitorias en Saint-Moritz. Practicou tamén equitación, esquí alpino, carreiras de motor e, sobre todo, o tenis.
En 1934 Lilí Álvarez casou co conde de Valdéne, aristócrata francés. En 1939, perdeu o seu único fillo e a parella pronto separouse. Regresou a España en 1941 onde seguiu facendo deporte e comezou a escribir sobre temas femininos e relixiosos.
En 1960, xunto con outras mulleres (María Laffitte e Pérez del Pulgar, Consuelo de la Gándara, Elena Catena López, María Salas Larrazábal, Pura Salas Larrazábal, Concepción Borreguero Sierra, María Jiménez de Obispo el Valle), fundou o Seminario de Socioloxía. Estudos da Muller (SESM) co obxectivo de ser un espazo de reflexión, diálogo e investigación sobre as mulleres en España. Pertenceulle ata a súa desaparición en 1986. Participou na fundación do partido da Esquerda Democrática Cristiá en 1965. En 1968 foi convidada polo Ministerio de Asuntos Exteriores a Teherán para falar sobre a eliminación da discriminación contra as mulleres.
Traxectoria deportiva Aínda que a fama deportiva de Álvarez está asociada co tenis, este nunca foi o seu deporte preferido, senón que o foron os de inverno. Aprendeu a patinar con catro anos en Suíza, e en 1917, aos once anos, gañou o seu primeiro campionato de patinaxe artística sobre xeo, superando a campioa francesa Melle Joly. Aos dezaseis gañou o campionato deste deporte de St. Moritz. Foi convocada pola delegación española dos primeiros Xogos Olímpicos de Invierno de 1924; porén, unha forte lesión fixo que se centrase no tenis, abandonando definitivamente a patinaxe. Non obstante, en 1940, retomou a práctica de deportes de inverno e gañou o Campionato de España de esquí alpino.
Continuou a practicar outros deportes e competindo en esquí, ata que un problema coa federación a apartou da competición: en Candanchú, en 1941, acusou o xurado de machismo cando a federación decidiu deixar agardando as mulleres mentres os homes participaban. A súa protesta foi considerada como "ofensa a España" e decidiron expulsala. Ao pouco tempo volveron admitila, mais ela decidiu abandonar a competición e dedicarse a este deporte de xeito persoal.
En 1924, con dezanove anos, decidiu participar no Campionato de Cataluña de Automobilismo, conseguindo o seu primeiro e único título nese deporte, ao comprobar a pouca competencia que había. A importancia dese triunfo debeuse a que é a única muller que conseguiu un trofeo en categoría masculina.
Traxectoria no tenis Álvarez foi unha pioneira no tenis feminino en España e a xogadora máis destacada do seu país durante a década de 1920. O primeiro torneo que gañou foi o campionato de Xenebra de 1919, con catorce anos. Nos Xogos Olímpicos de 1924 participou en dobres femininos xunto a Rosa Torras (foron as dúas primeiras deportistas españolas nuns xogos olímpicos) e con José Miguel Fernández Liencres nos dobres mixtos, nos que chegou ata os cuartos de final.
Tivo unha actuación brillante nos torneos franceses de terra batida celebrados na Costa Azul, e campionatos como Montecarlo, Cannes, Niza, Menton ou Le Tonquet (París), foron habituais no seu palmarés durante toda a década de 1920 e principios da de 1930. En Inglaterra logrou en 1926 o torneo de Beckenham, derrotando na final a campioa do Aberto dos Estados Unidos Molla Mallory.
Entre 1926 e 1928 chegou a tres finais individuais consecutivas en Wimbledon. Segundo a estadounidense Helen Wills Moody, que venceu a Álvarez dúas veces nas finais de Wimbledon, o xogo de Álvarez era "infrecuentemente atevido". Con Bill Tilden foi finalista da competición de dobres mixtos en Roland Garros en 1927.
En 1929, Álvarez fixo equipo coa xogadora neerlandesa Kornelia Bouman para gañar o título de dobres femininos en Roland Garros. O ano seguinte, Álvarez gañou o título individual no campionato de Roma, éxito que non repetiu ningunha tenista feminina española ata que 63 anos despois Conchita Martínez gañou o aberto de Italia en 1993. En inverno viaxou a Suramérica para gañar os torneos de Río de Xaneiro e Bos Aires. En 1931, sorprendeu o mundo do tenis xogando en Wimbledon cunha saia dividida en dúas partes deseñada especialmente por Elsa Schiaparelli que foi o precedente dos pantalóns curtos.Béla Kehrling, ed. (24 de xuño de 1931). "Külföldi hírek [International news]" (en húngaro) (PDF). Tennisz és Golf (Budapest, Hungría: Egyesült Kő-, Könyvnyomda. Könyv- és Lapkiadó Rt.) III (13): 253. Consultado o 15 de decembro de 2012. Tras unha caída no seu rendemento decidiu retirarse en 1932, volvendo a reaparecer en 1937.
Segundo Wallis Myers de The Daily Telegraph e Daily Mail, Álvarez estivo entre as dez primeiras tenistas do mundo entre 1926 e 1928, en 1930 e en 1931, acadando o seu posto máis alto, o número 2 nas clasificacións de 1927 e 1928.
Tenis e moda En 1931 foi a primeira tenista en vestir pantalón-saia, un vestiario considerado escandaloso para a época, primeiro no Roland Garros de París, máis tarde no torneo de Wimbledon cun deseño creado expresamente para ela pola deseñadora Elsa Schiaparelli.
Outras actividades En 1931, Álvarez comezou a informar sobre temas políticos en España para o xornal británico Daily Mail.
En 1934, Álvarez casou con Jean de Gaillard de la Valdène, conde de Valdene,"Air et cosmos" 682–699 1977 "Le comte Jean de Gaillard de la Valdène, qui s'était distingué comme pilote durant la première guerre mondiale, est décédé à Lausanne dans sa 82" année "Mémorial aéronautique: qui était qui? p83 Marcel Catillon 1997 "de GAILLARD de LA VALDÈNE Jean. Né le 2 septembre 1895. Décédé le 26 août 1977. AS 1914–1918 avec 5 victoires aériennes homologuées. Affecté à l'escadrille Spa 95. Repose dans le cimetière de Bollène (Vaucluse). " aristócrata e diplomático francés, e dende 1936 xogou por tres anos no circuíto internacional de tenis como "Condesa Valdène". En 1939, perdeu o seu único fillo e a parella separouse deseguido. Volveu ao seu país en 1941, onde continuou activa en deportes e comezou a escribir sobre temas relixiosos e feministas, publicando o seu libro Plenitud ("Plenitude") en 1946. Apoiou activamente o movemento feminista mundial e en 1951 deu un discurso titulado La batalla de la feminidad ("A batalla da feminidade") no Congreso Feminista Hispano-Americano. Nos seguintes anos escribiu varios libros máis incluíndo, en 1965, o prólogo á primeira edición en castelán de The Feminine Mystique de Betty Friedan.
Álvarez faleceu en Madrid en 1998.
Finais de Grand Slam Individuais (3 finais) PostoAnoTorneoSuperficieRivalResultadoFinalista 1926 Wimbledon Herba Kitty McKane Godfree 2–6, 6–4, 3–6Finalista 1927 Wimbledon (2) Herba Helen Wills 2–6, 4–6Finalista 1928 Wimbledon (3) Herba Helen Wills 2–6, 3–6
Dobres (1 título) PostoAnoTorneoSuperficieParellaRivaisResultadoGañadora1929 Roland Garros Terra Kea Bouman Bobbie Heine Alida Neave 7–5, 6–3
Dobres mixtos (1 final) PostoAnoTorneoSuperficieParellaRivaisResultadoFinalista1927 Roland Garros Terra Bill Tilden Marguerite Broquedis Jean Borotra 4–6, 6–2, 2–6
Torneos do Grand Slam individuais (F) finalista; (SF) semifinalista; (QF) cuartos de final; (#R) roldas 4, 3, 2, 1; (A) ausente. SR=strike rate (eventos gañados/xogados)
Torneo 1925 1926 1927 1928 1929 1930 1931 1932 1933 1934 1935 1936 1937 Carreira SR Aberto de AustraliaAAAAAAAAAAAAA 0 / 0 Roland Garros1RAQFAASFSF3RAA1RSFSF 0 / 8 WimbledonAFFF4R1R3RAAA2R4R4R 0 / 9 Aberto dos Estados UnidosAAAAAAAAAAAAA 0 / 0 SR0 / 10 / 10 / 20 / 10 / 10 / 20 / 20 / 10 / 00 / 00 / 20 / 20 / 2 0 / 17
Carreira literaria En 1927 Lilí Álvarez escribiu un libro en inglés publicado en Londres baixo o título Modern lawn tennis. Ese ano comezou a escribir artigos políticos desde España para o diario británico Daily Mail co que colaborou desde 1931 como comisaria en España e para o que entrevistou a Victoria Kent e Clara Campoamor. Tamén cubriu a Guerra Civil.
En 1930 escribiu varios artigos deportivos para o xornal La Nación (Arxentina) que posteriormente foron publicados nos libros El gran enemigo de la estrella del tenis: el admirador e El tenis y la mujer. Colaborou con Arriba e La Vanguardia en 1941, 42 e 43. Cubriu a Copa Davis de 1965 para a revista Blanco y Negro. Tamén escribiu para o Correo Literario e Cuadernos para el Diálogo. O primeiro artigo que escribiu en Cuadernos para el Diálogo en 1964 titulouse "El control de la natalidad".
En 1946 publicou o seu libro Plenitude. Apoiou activamente o movemento feminista mundial e en 1951 pronunciou un discurso titulado "A batalla da feminidade" no V Congreso Feminista Hispanoamericano. Ao longo dos anos escribiu moitos máis libros, incluíndo, en 1965, o prólogo da primeira edición española de The Mystique of Feminity de Betty Friedan.
Obras Modern lawn tennis (1927) escrito en inglés e publicado en Londres. Plenitud (1946) En tierra extraña (1956) El seglarismo y su integridad (1959) Feminismo y espiritualidad (1964) El mito del amateurismo (1968) sobre o deporte. El pueblo y su promoción (1970) xunto con T. Malagón; Rovirosa, J.L. Rubio, J. Martín, Teólfilo Pérez Rey Mar adentro (1977) Diagnosis sobre el amor y el sexo (1977) xunto con Concepción Borreguero, María Campo Alange, Elena Catena, Consuelo de la Gándara, María Jiménez Bermejo, Carmen Pérez Seoane, María Salas e Pura Salas. Mi testamento espiritual (1985) Ideario de una beata atípica (1985) La vida vivida. Mi catecismo existencial (1989) La religiosidad masculina y su desdicha (1993) Revivencias (1993) La gran explicación desde la vida y el deporte (1998). Habla la mujer, Mujer y aceleración histórica ("Cuadernos para el diálogo")
Vida persoal En 2010, a revista Marie Claire sacou á luz a súa correspondencia coa escritora Carmen Laforet, á que coñeceu en xuño de 1951 e coa que mantivo unha intensa amizade e relación epistolar ata 1958. Os escritories Anna Caballé e Israel Rolón escribiron en Carmen Laforet. Unha muller fuxida, referíndose a Laforet e a súa relación con Álvarez nos seguintes termos:
Recoñecementos O 18 de xullo de 1958 foi galardoada co Lazo de Dama de Isabel a Católica e o mesmo ano a Federación Española de Tenis acorda crear o título de Xogadoras de Honra da Real Federación Española de Tenis, o primeiro deles foi concedido a Lili Álvarez. En 1968, o All England Lawn Tennis and Croquet Club fixouna membro honorario.
A National Portrait Gallery de Londres ten dous retratos dela.
O 24 de xaneiro de 1976, o Ministerio de Xustiza concedeulle a Cruz Distinguida de 1a Orde da Cruz de San Raimundo de Peñafort.
En 1998 recibiu a Medalla de Ouro ao Mérito Deportivo, aínda que morreu antes de recollela e os seus familiares tiveron o galardón a título póstumo.
Premios Lili Álvarez