The Firstborn Is Dead é o segundo álbum de estudio da banda australiana de post-punk Nick Cave and the Bad Seeds, publicado o 3 de xuño de 1985 a través do selo Mute Records. Neste disco o cantante Nick Cave continúa coa súa fascinación co sur dos Estados Unidos, coas súas referencias a Elvis Presley e a bluesmen como Blind Lemon Jefferson.

O álbum gravouse nos Hansa Studios de Berlín. Cave despois dixo deste traballo, "Berlín ofreceunos a liberdade e o ánimo para facer o que quixésemos. Vivíramos en Londres durante tres anos e semallaba que se sacabas a cabeza fóra da caixa a xente apresurábase a metercha novamente. Particularmente se eras australiano. Cando chegamos a Berlín era todo o contrario. A xente víanos como unha especie de forza e non como una especie de artistas novatos".Dwyer, Michael (xullo de 1998). "Album by Album with Nick Cave". Rolling Stone Australia. No. 550. Sydney, NSW: Tilmond Pty Ltd. p. 41.

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de Nick Cave and the Bad Seeds Categoría:Álbums musicais de 1985 Categoría:Álbums producidos por Flood Categoría:Álbums de Mute Records