Larus é un xénero de aves acuáticas da orde dos caradriformes, suborde dos laros, que é o tipo da suborde e da familia dos láridos
Comprende numerosas especies coñecidas vulgarmente en galego como gaivotas ou gavotas,gaivota no Dicionario da RAG.
Son aves mariñas de mediano a gran porte, tipicamente de plumaxe gris, negra ou branca, frecuentemente con marcas negras na cabeza ou nas ás, e que teñen as patas palmadas, distribuídas por todo o mundo. Moitas delas son aves abundantes e moi coñecidas nas súas respectivas áreas de distribución.
Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1758 por Linnaeus na páxina 136Alan P. Peterson: Larus Linnaeus 1758 Syst. Nat. ed. 10, p. 155 en Zoonomen. da 10ª edición do seu Systema naturae.Linnæus, Caroli (1758): [https://gdz.sub.uni-goettingen.de/id/PPN362053006?tify= Systema naturæ per regna tria naturæ, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Tomus I. Editio decima, reformata. Holmiæ. (Salvius)].
Etimoloxía O nome científico Larus provén do grego antigo λάῥος láros, "gaivota" (ou talvez outra ave mariña grande).
Nota taxonómica Durante moito tempo a maioría das gaivotas situáronse neste xénero, incluso ao longo do século XX.Dwight, J. (1925): "The Gulls of the World". Bulletin of the American Museum of Natural History 52: 63-401.Moynihan, M. (1959): "A revision of the family Laridae (Aves)". American Museum Novitates 1928: 1–42. Este sistema predominou até principios do século XXI: nos anos 2005-2007 coñeceuse que esta agrupación era polifilética.
En 2005 un estudo de filoxenia molecular realizado por primeira vez sobre todas as especies recoñecidas de gaivotas (53 especies) demostrou que o xénero Larus así concibido non era monofilético.<ref name=Pons>Pons, J. M., Hassanin, A. & Crochet, P. A. (2005): "Phylogenetic relationships within the Laridae (Charadriiformes: Aves) inferred from mitochondrial markers". Molecular phylogenetics and evolution 37 (3): 686-699.</ref> Confirmando as conclusións de dous estudos anteriores, un sobre morfoloxía, e o outro sobre caracteres moleculares, avogaron pola disociación de Larus en seis xéneros: Chroicocephalus (11 especies) Hydrocoloeus (2 especies) Ichthyaetus (6 especies) Larus (máis de 20 especies) Leucophaeus (5 especies) Saundersilarus (1 especie).
Algunhas destas recomendacións foron inmediatamente aceptadas pola comunidade científica internacional.Sangster, G, Collinson, J. M., Knox, A. G., Parkin, D. T. & Svensson, L. (2007): "Taxonomic recommendations for British birds: Fourth report". Ibis 149 (4): 853– 857.Banks, R. C., Chesser, R. T., Cicero, C., Dunn, J. L., Kratter, A. W., Lovette, I. J., Rasmussen, P. C., Remsen, J. V. Jr., Rising, J. D., Stotz, D. F. & Winker, K. (2008): "Forty-ninth supplement to the American Ornithologists’ Union check-list of North Americancan birds" The Auk 125 (3): 758–768. Porén, algunhas aínda son obxecto de debate.
Especies Na actualidade recoñécense as 24 especies seguintes:Larus Linnaeus, 1758 no ITIS.
Larus argentatus Pontoppidan, 1763 Larus armenicus Buturlin, 1934 Larus atlanticus Olrog, 1958 Larus belcheri Vigors, 1829 Larus cachinnans Pallas, 1811 Larus californicus Lawrence, 1854 Larus canus Linnaeus, 1758 Larus crassirostris Vieillot, 1818 Larus delawarensis Ord, 1815 Larus dominicanus Lichtenstein, 1823 Larus fuscus Linnaeus, 1758 Larus glaucescens J. F. Naumann, 1840 Larus glaucoides B. Meyer, 182 Larus heermanni Cassin, 1852 Larus hyperboreus Gunnerus, 1767 Larus livens Dwight, 1919 Larus marinus Linnaeus, 1758 Larus michahellis J. F. Naumann, 1840 Larus occidentalis Audubon, 1839 Larus pacificus Latham, 1802 Larus schistisagus Stejneger, 1884 Larus smithsonianus Coues, 1862 Larus thayeri W. S. Brooks, 1915 Larus vegae Palmen, 1887
En Galicia En Galicia pódense ver 15 especies, segundo Xosé Manuel Penas Patiño e Carlos Pedreira López, ou 13, segundo Estanislao Fernández de la Cigoña, moitas delas presentes todo o ano e outras de presenza accidental.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía del Hoyo, J., Elliott, A. & Sargatal, J. (1996): Handbook of the Birds of the World, vol. 3: Hoatzin to Auks. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-420-7. del Hoyo, J., Collar, N. J., Christie, D. A., Elliott, A. & Fishpool, L. D. C. (2014): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 1: Non-passerines. Barcelona, España / Cambridge, UK: BirdLife International / Lynx Edicions. ISBN 978-84-9655-394-1. Fernández de la Cigoña, Estanislao (1989): Viaxeiras da auga. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-245-1. Penas Patiño, Xosé M., Carlos Pedreira López e Carlos Silvar (1991): Guía das aves de Galicia. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-8767-306-2.
Outros artigos Caradriformes Laros Láridos
Ligazóns externas Family Laridae na IOC World Bird List''. Versión 9.2 (2019), do Congreso Ornitolóxico Internacional. Consultada o 7 de decembro de 2019. Larus. Gulls na ADW. Gulls. Larus Linnaeus 1758 na EOL.
Categoría:Láridos Categoría:Taxons descritos por Linné