miniatura|200px|Esqueleto dun flavonol no que se indican os números dos substituíntes. Os flavonois son unha clase de flavonoides que teñen un esqueleto de 3-hidroxiflavona (nome da IUPAC: 3-hidroxi-2-fenilcromen-4-ona). A diversidade destes compostos depende das diferentes posicións que ocupan os grupos OH fenólicos. Son diferentes dos flavanois (con "a"), como a catequina, outra clase de flavonoides.

Os flavonois están presentes nunha ampla variedade de froitas e verduras. Nas poboacións occidentais, a inxesta diaria estimada de flavonois é de 20 a 50 mg ao día. A inxesta individual varía dependendo do tipo de dieta consumida.

Nos flavonois (e glicósidos) o fenómeno da fluorescencia dual (debido á transferencia de protóns intramolecular en estado excitado - ou ESIPT, polas súas siglas en inglés -) é inducido pola tautomería destes compostos e podería contribuír á protección ultravioleta das plantas e á cor das flores.

Ademais de ser un subtipo de flavonoides, suxeriuse nun estudo feito sobre o zume de arandos que os flavonois desempeñan un papel, xunto coas proantocianidinas, na capacidade do zume de bloquear a adhesión bacteriana, demostrada pola compresión das fimbrias da bacteria E. coli no tracto urinario, que reduce grandemente a capacidade desas bacterias de quedaren fixas no lugar e iniciar unha infección. As aglicona de flavonol en plantas son potentes antioxidantes que serven para protexer a planta das especies reactivas do oxixeno.

Flavonois + Flavonois NomeNome da IUPAC56782'3'4'5'6' 3-Hidroxiflavona 3-hidroxi-2-fenilcromen-4-ona H H H H H H H H H Azaleatina 2-(3,4-dihidroxifenil)-3,7-dihidroxi-5-metoxicromen-4-ona OCH3 H OH H H H OH OH H Fisetina 3,3',4',7-tetrahidroxi-2-fenilcromen-4-ona H H OH H H OH OH H H Galanxina 3,5,7-trihidroxi-2-fenilcromen-4-ona OH H OH H H H H H H Gossypetina 2-(3,4-dihidroxifenil)-3,5,7,8-tetrahidroxicromen-4-ona OH H OH OH H OH OH H H Kaempferida 3,5,7-trihidroxi-2-(4-metoxifenil)cromen-4-ona OH H OH H H H OCH3 H H Kaempferol 3,4',5,7-tetrahidroxi-2-fenilcromen-4-ona OH H OH H H H OH H H Isorhamnetina 3,5,7-trihidroxi-2-(4-hidroxi-3-metoxifenil)cromen-4-ona OH H OH H H OCH3 OH H H Morina 2-(2,4-dihidroxifenil)-3,5,7-trihidroxicromen-4-ona OH H OH H OH H OH H H Myricetina 3,3',4',5',5,7-hexahidroxi-2-fenilcromen-4-ona OH H OH H H OH OH OH H Natsudaidaína 2-(3,4-dimetoxifenil)-3-hidroxi-5,6,7,8-tetrametoxicromen-4-ona OCH3 OCH3 OCH3 OCH3 H H OCH3 OCH3 H Pachypodol 5-hidroxi-2-(4-hidroxi-3-metoxifenil)-3,7-dimetoxicromen-4-ona OH H OCH3 H H OCH3 OH H H Quercetina 3,3',4',5,7-pentahidroxi-2-fenilcromen-4-ona OH H OH H H OH OH H H Rhamnazina 3,5-dihidroxi-2-(4-hidroxi-3-metoxifenil)-7-metoxicromen-4-ona OH H OCH3 H H OCH3 OH H H Rhamnetina 2-(3,4-dihidroxifenil)-3,5-dihidroxi-7-metoxicromen-4-ona OH H OCH3 H H OH OH H H

Flavonol glicósidos

+ Flavonois glicósidos e glicósidos acetilados NomeAglicona356782'3'4'5'6' Astragalina Kaempferol Glc Azaleín Azaleatina Rha Hiperósido Quercetina Gal Isoquercitina Quercetina Glc Kaempferitrina Kaempferol Rha Rha Myricitrina Myricetina Rha Quercitrina Quercetina Rha Robinina Kaempferol Robinosa Rha Rutina Quercetina Rutinosa Spiraeósido Quercetina Glc Xanthorhamnina Rhamnetina trisacárido Amurensina Kaempferol Glc ter-amil Icariina Kaempferida Rha Glc ter-amil Troxerutina Quercetina Rutinosa hidroxietil hidroxietil hidroxietil

Interaccións con fármacos

Os flavonoides teñen efectos sobre a actividade de CYP (P450). Os flavonois son inhibitores de CYP2C9 e CYP3A4, que son encimas que metabolizan a maioría dos fármacos no corpo.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Flavonois