A dos laros (Lari) é unha suborde de aves acuáticas da orde dos caradriformes que comprende as gaivotas, os papamerdas, os carráns, os rincópidos, as alcas e os glareólidos.
En xeral os membros desta suborde son aves de tamaño de madiano a grande, máis adaptadas ao voo que as limícolas, coas que comparten orde. A maioría son aves acuáticas que viven no mar ou en zonas húmidas, aínda que en inverno algunhas poden afastarse da costa dirixíndose ao interior continental. Porén, hai excepcións, como as especies do xénero Cursorius, que viven en estepas e desertos.
Taxonomía Descrición A suborde foi descrita en 1891 polo zoólogo inglés, especializado en ornitoloxía, Richard Bowdler Sharpe.
Etimioloxía O nome científico Lari, é o plural do nome do seu xénero tipo, Larus.
Familias Laridae Rhynchopidae Sternidae Alcidae Stercorariidae Glareolidae Dromadidae
Notas Taxonómicas Até hau poucos anos os álcidos non estaban incluídos nos laros, pero foron incluídos de acordo con investigacións recentes.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía del Hoyo, J., Elliott, A. & Sargatal, J. (1996): Handbook of the Birds of the World, vol. 3: Hoatzin to Auks. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-420-7. del Hoyo, J., Collar, N. J., Christie, D. A., Elliott, A. & Fishpool, L. D. C. (2014): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 1: Non-passerines. Barcelona, España / Cambridge, UK: BirdLife International / Lynx Edicions. ISBN 978-84-9655-394-1. Paton, Tara A. & Baker, Allan J. (2006): "Sequences from 14 mitochondrial genes provide a well-supported phylogeny of the Charadriiform birds congruent with the nuclear RAG-1 tree". Molecular Phylogenetics and Evolution 39 (3): 657–667. Paton, T. A.; Baker, A. J.; Groth, J. G. & Barrowclough, G. F. (2003): "RAG-1 sequences resolve phylogenetic relationships within charadriiform birds". Molecular Phylogenetics and Evolution 29: 268-278.
Outros artigos Caradriformes
Categoría:Caradriformes