Ampliación (en ) é un filme dirixido por Michelangelo Antonioni que se estreou en 1966. Conta a historia dun fotógrafo de moda, interpretado por David Hemmings, que cre que capturou involuntariamente un asasinato na película da cámara. Foi o primeiro filme de Antonioni completamente en lingua inglesa.One of the three stories comprising I Vinti was set in London and shot with wholly English dialogue.
Estreouse en galego a través da TVG o 29 de abril de 1989.La Voz de Galicia, 29 de abril de 1989. Páx. 71
Sinopse Thomas é un recoñecido fotógrafo de moda de Londres, que realiza por encargo unha serie de fotografías que reflicten diversas situacións cotiás para ilustrar libros, dende unha mirada e óptica tan peculiar como íntima. Unha mañá, mentres está percorrendo un parque tirando fotos das paisaxes da zona, comeza a fotografar unha parella que casualmente estaba conversando nese lugar. A muller, sobresaltada, pídelle que lle devolva as fotografías, mesmo ofrecéndolle diñeiro por elas, proposta á que Thomas se nega. Finalmente, e ante un xogo de sedución levado a cabo pola muller na propia casa de Thomas, este accede. Con todo, ao quedar cun rola da cinta, atopa algo nas fotos que lle chama a atención. Ao ampliar a fotografía en grandes cadros, descobre que a acción e a circunstancia da parella nese parque non foron tan casuais como no seu momento parecía.
Personaxes David Hemmings como Thomas Vanessa Redgrave como Jane Sarah Miles como Patricia John Castle como Bill Jane Birkin como a loira Gillian Hills como a morena Peter Bowles como Ron Veruschka von Lehndorff como ela mesma Julian Chagrin como Mime Claude Chagrin como Mime
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1966 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes de Italia Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Michelangelo Antonioni Categoría:Filmes rodados en Londres Categoría:Filmes de Metro-Goldwyn-Mayer Categoría:Filmes gañadores da Palma de Ouro Categoría:Filmes de 1966 con versión en galego