STS-47 foi unha misión do transbordador espacial Endeavour lanzada o 12 de setembro de 1992 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.
Características STS-47, con seis astronautas a bordo (Robert L. Gibson, comandante, Curtis L. Brown, piloto, Mark C. Lee, Jan Davis, Mae Jemison, Mamoru Mohri), foi lanzada para facer experimentos no módulo Spacelab J, en parte patrocinado pola axencia espacial xaponesa NASDA. Foi a primeira misión STS na que voou un cidadán xaponés (Mohri), a primeira muller afroamericana (C. Mohri Jemison) e a primeira parella casada (Lee e Davis).
Spacelab J incluía 24 experimentos de ciencia de materiais e 20 de ciencias biolóxicas. Na baía de carga ademais viaxaban 12 módulos GAS (Get Away Special), 10 deles con experimentos e 2 con lastre. No interior do transbordador viaxaba o experimento ISAIAH (Israeli Space Agency Investigation About Hornets), da Axencia Espacial Israelí e os experimentos SSCE, SAREX II, AMOS e UVPI. O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 20 de setembro de 1992.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Endeavour
Categoría:Programa STS