Ana dos mil días (en ) é un filme británico dirixido por Charles Jarrott e producido por Hal B. Wallis que se estreou en 1969. Foi realizado por Hal Wallis Productions e distribuído por Universal Pictures. O filme conta a historia de Ana Bolena. O guión é unha adaptación de Bridget Boland, John Hale e Richard Sokolove da obra de Maxwell Anderson.
Estreouse en galego a través da TVG o 13 de xuño de 1987.
Sinopse O filme arrinca co rei asinando as ordes de execución contra un grupo que supostamente conspiraba contra el, entre os que se atopa a súa dona, Ana Bolena. Un longo flashback describe o capricho de Henrique VIII coa bela Ana, comprometido con outro home, ademais do agravante de que o rei, casado con Catarina de Aragón tivo como amante á súa irmá, que lle deu un fillo. No filme vese a evolución dende moza que lle para os pés ata a muller ambiciosa á que lle encanta probar o poder.Decine21
Personaxes Richard Burton como Henrique VIII Geneviève Bujold como Ana Bolena Irene Papas como raíña Catarina de Aragón Anthony Quayle como Cardeal Thomas Wolsey John Colicos como Thomas Cromwell Michael Hordern como Tomás Bolena Katharine Blake como Elizabeth Bolena Valerie Gearon como María Bolena Michael Johnson como George Boleyn Peter Jeffrey como Thomas Howard Joseph O'Conor como Xoán Fisher William Squire como Sir Thomas More Esmond Knight como Sir William Kingston Nora Swinburne como Lady Kingston Vernon Dobtcheff como Mendoza Brook Williams como Sir William Brereton Gary Bond como Mark Smeaton T. P. McKenna como Sir Henry Norris Denis Quilley como Sir Francis Weston Terence Wilton como Lord Percy Lesley Paterson como Xoana Seymour Nicola Pagett como Princesa María June Ellis como Bess Kynaston Reeves como Willoughby Marne Maitland como Cardeal Campeggio Cyril Luckham como Prior Houghton
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1969 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por Charles Jarrott Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes de 1969 con versión en galego