STS-48 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 12 de setembro de 1991 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.
Características STS-48, con cinco astronautas a bordo (John Creighton, Kenneth Reightler, Mark Brown, James Buchli e Charles Gemar), foi lanzada para poñer en órbita o satélite UARS e facer varios experimentos. UARS, un satélite para o estudo medioambiental da Terra, foi despregado desde a bodega do transbordador no terceiro día de misión. Entre os experimentos levados a bordo polo transbordador estaban APM, MODE, SAM, CREAM, PARE, PCG II-2, IPMP e AMOS.
O transbordador regresou a terra na Base Edwards da Forza Aérea o 12 de setembro de 1991.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Discovery
Categoría:Programa STS