José Carlos Ramírez Suárez, nado o 10 de maio de 1996 en Paradas (Sevilla), é un futbolista profesional español da canteira do Real Betis que xoga como defensa central zurdo. Foi campión da Eurocopa sub-19 de Grecia 2015 coa .

Traxectoria Nado en Paradas (Sevilla), Andalucía, José Carlos Ramírez formouse nas categoría inferiores do Real Betis desde os oito anos. No ano 2007, despois de non ter xogado de forma habitual regresa á súa cidade natal para unirse ao Paradas Balompié, aínda que acaba por regresar ao club sevillano no ano 2010. O 5 de outubro de 2014 dubuta co filial bético da Segunda División B, saíndo como titular na derrota na casa do seu equipo por 0−2 ante o UCAM Murcia CF. Converteuse rapidamente en títular indiscutíbel, xogando 22 partidos até finalizar a temporada. As súas boas actuación levárono a renovar o seu contrato até 2019 e a ser ascendido ao primeiro equipo da Primeira División. O seu debut sería o 29 de novembro na vitoria do seu equipo ante o Deportivo da Coruña na Copa do Rei por 1−0 no Benito Villamarín. O seu debut en liga chegría o 4 de decembro, xogando os 90 minutos no empate na casa por 3−3 ante o Celta de Vigo. Tras acabar a campaña é cedido ao recentemente ascendido á Segunda División Lorca FC. Tras xogar cinco partido no club da Rexión de Murcia, o 31 de xaneiro rescinde a súa cesión para ser cedido ao Club Deportivo Lugo, onde permanecerá como xogador en propiedade para a seguinte temporada.

Clubs ClubCategoríaAnoPartidosGolesReal Betis BSegunda B2014−2015221Real Betis BSegunda B2015−2016291Real BetisPrimeira2016−201760Lorca F.C.Segunda2017−201850LugoSegunda201860LugoSegunda2018−2019220

Palmarés Eurocopa sub-19: 2015

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en Transfermarkt

Categoría:Nados en 1996 Categoría:Nados na provincia de Sevilla Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Real Betis Balompié‎ B Categoría:Xogadores do Real Betis Balompié‎ Categoría:Xogadores do Lorca FC‎ Categoría:Xogadores do CD Lugo