Borja Quiza, nado en Ladrido (Ortigueira) en 1982, é un tirador de esgrima e barítono galego.
Traxectoria Aínda que nado en Ortigueira trasladouse á Coruña onde se licenciou en Informática na Universidade coruñesa. Alí tamén empezou a cantar de xeito afeccionado, primeiro no coro municipal da cidade, logo na coral Follas Novas e posteriormente no coro da Orquestra Sinfónica de Galicia. Practicante de esgrima, foi subampión de España júnior de florete.
A partir de aí dá o salto ao eido profesional como intérprete tanto de ópera como de zarzuela. Ten interpretado importantes papeis protagonistas, coma o Fígaro do Il Barbiere de Siviglia, Guglielmo de Così fan tutte o Papageno da Die Zauberflöte ou Marcello de La Bohème. En 2009 gañou o premio español Ópera Actual como o mellor cantante lírico daquel ano e en 2010 o Premio Lírico Teatro Campoamor de Oviedo como mellor intérprete de zarzuela. Na tempada 2011/12 foi o 8º no ránking galego na modalidade de florete
Vida persoal Está casado e ten dúas fillas. Vive na Coruña.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Barítonos de Galicia Categoría:Cantantes de ópera de Galicia Categoría:Nados en Ortigueira Categoría:Esgrimistas de Galicia Categoría:Nados en 1982 Categoría:Esgrimistas de florete