é un anime que pretende ser máis fiel ó manga Dragon Ball de Akira Toriyama, tendo como base a serie Dragon Ball Z, para celebrar o vixésimo aniversario da serie (Dragon Ball Z naceu o 26 de abril do 1989).

Sinopse

Dragón Ball Z Kai comeza cinco anos máis tarde que de Dragon Ball, despois do matrimonio de Son Goku e mais Chichi. Raditz, un misterioso guerreiro do espazo, chega á Terra para atopar ao seu irmán, Son Goku. Foi así como é que Son Goku se decatou que vén sendo dun planeta de Saiáns, que foi derruído, e que só ficaron catro superviventes.

En base a este fío argumental, terán lugar as contendas entre os amigos de Son Goku e os distintos inimigos que ameazan o destino da Terra e do universo: androides, Saiáns e criaturas supremas.

Concepto e desenvolvemento

A Toei Animation decidiu reconstruír, a través dunha segunda montaxe, e remasterizando Dragon Ball Z unha nova versión. A isto chamáronlle Kai, que segundo co kanji 改 significa "cambio", "actualización", "curtar", é máis curta pola redución dos episodios, que se benefician dunha imaxe e son en HD, en contra da censura que posúe.

No Xapón, a serie saíu ó ar o 5 de abril do 2009, finalizando o 27 de marzo do 2011, racionando un episodio por semana na televisión Fuji.

En Galiza, a serie emítese na tvG2 baixo o título de Dragon Ball Z Kai dende o 12 de decembro do 2011, de luns a venres no espazo Xabarín Club redifusionando os capítulos polas mañás, polas tardes e na madrugada. Nas mañás dos sábados e domingos redifusiónanse os capítulos da semana.

Personaxes

Principais

Son Goku

É un dos máis fortes guerreiros da Terra e a protexe de malvados que queren danar o seu planeta natal de adopción. Goku é descrito como despreocupado e inocente, pero é rápido ó aprender novas técnicas na loita. Como outros personaxes da serie, Goku ten a habilidade de concentrar o seu chi para empregar varios ataques de enerxía, sendo o máis destacado a súa Onda Vital, un ataque que lanza unha onda de enerxía azul das súas mans.

Vexeta

Orgulloso e soberbio, viuse inmerso nunha continua disputa con Son Goku. Sempre emprega forza letal, ata cos mesmos guerreiros Z. É o primeiro grande inimigo en Dragon Ball Z, ao pertencer á raza dos Saiáns. Despois dos acontecementos posteriores á saga de Freezer, convértese no antiheroe máis destacado da serie, casa con Bulma e teñen un fillo chamado Toranks.

Son Gohanda

Fillo de Son Goku e de Chichi, unha humana. Vive nunha pequena casa co seu pai, súa nai e seu avó. Foi adestrado ós catro anos por Piccoro ó que considera o seu mestre e mentor.

Toranks

Fillo de Vexeta e de Bulma. Viaxa do futuro para advertir a Goku sobre os androides malignos que mataran nun futuro alternativo a Goku e ós seus amigos e consegue salvalos. Toranks é amábel e honrado, ó contrario que o seu pai.

Krilín

É o mellor amigo de Son Goku. Morre a mans de Freezer no planeta Namek, ae despois no futuro alternativo de Toranks causado polos Androides C-17 e C-18.

Piccoro

Xurdiu tras separarse de Kamisama, e se un dos dous morre, o outro tamén. Odia ó seu alter ego, aínda que é moito máis forte e menos malvado que o seu pai, en parte debido ó seu adestramento con Son Gohanda.

Secundarios

Chichí

É a nai de Son Gohanda e a muller de Son Goku. Sempre vela pola seguridade dos dous e desexa que Son Gohanda sexa un home de proveito na vida.

Mestre Mutenroi

Foi o mestre de Son Goku e Krilín. É un home intelixente, creador da famosa técnica Onda Vital.

Kamisama

Deus da Terra. Para lograr converterse en Kamisama tivo que expulsar toda a súa maldade, desta forma xurdiu Piccoro. Se un dos dous morría, o outro tamén. Ademais, Kamisama é o creador das Bólas do Dragón. Adestrará a tódolos guerreiros que cheguen ata o seu Templo.

Bulma

É unha rapaza que carece de habilidade para o combate pero a súa intelixencia é moi superior a dun ser humano normal, sendo ela a creadora de moitos inventos.

Inimigos

Os Saiáns

Son a raza de guerreiros pertencentes ó universo de Dragon Ball que habitaron o Planeta Vexeta antes da súa destrución a mans do vilán Freezer, quen os mantivo baixo o seu mando. Porén, o seu maior temor era que fóra certa a Lenda do Super Guerreiro. E cando se decatou de que Barduck (O pai de Son Goku) estaba incrementando o seu poder decidiu por seguridade, destruír o Planeta Vexeta. Os poucos superviventes acaban traballando baixo as ordes de Freezer, cando toman contacto con Son Goku e con toda a historia do seu pasado.

Freezer

Foi o culpable pola destrución do Planeta Vexeta e tamén pola exterminación dos Saiyains pois, temía que de entre eles xurdise o Lendario Súper Saiyán. Na procura das bólas máxicas de Namek, Freezer afrontase con Son Goku e os seus amigos, mais ceiba a carraxe deste ó matar a Krilín, creando o seu peor pesadelo. Con todo, Son Goku déixao vivo e retorna na Saga de Célula, onde é morto por Toranks.

Os Androides

Teñen aspecto semellante ós humanos, pero son considerablemente máis poderosos. Foron creados polo Doutor Guero, unha persoa que se viu prexudicada no pasado por Son Goku. Están mesmo ó nivel de habilidade que un saián. As creacións do Doutor Guero pódense separar en dous tipos: Primeiro os Androides, C-16, C-19 e C-20, este último controlado polo cerebro do mesmo doutor; e os chamados bioandroides, C-17 e C-18, que en realidade son cyborgs e Célula.

Célula

Célula foi creado para absorber os androides e así se tornar nun ser perfecto. Célula é constituído de células de Son Goku e os seus amigos e mais de Freezer, podendo así utilizar a Onda Vital. El atinxe a súa meta ó superar o seu nivel perfecto e consegue matar a Son Goku e mais a Toranks, mais é destruído pola Onda Vital de Son Gohanda.

Lista de episodios

Dobraxe

Estudio de dobraxe: Soundub (Santiago de Compostela) / SDI Media Ano de dobraxe: 2011. Director de dobraxe: Xoán Carballido. Elenco: Personaxe Actor de dobraxe Actor orixinal(Seiyū) Narrador Daniel Lema Jôji Yanami Son Gohanda (avó) Xoán Carballido Shigeru Chiba Son Goku Antón Rubal Masako Nozawa Son Gohanda Antía Álvarez Jiménez Masako Nozawa Chichi Teresa Santamaría Naoko Watanabe Piccoro Coté Sansegundo Toshio Furukawa Bulma Ana Lemos Hiromi Tsuru Krilín Óscar Fernández Mayumi Tanaka Mestre Mutenroi Gonzalo Rei Chao Masaharu Satō Vexeta Suso Álvarez Ryō Horikawa Raditz Xoán Diéguez Shigeru Chiba Bardock Damián Cortés Masako Nozawa Nappa Matías Brea Tetsu Inada Rei Enma Daio Xoán Carballido Daisuke Gōri Yamcha Damián Cortés Toru Furuya Ten Shin Han Julio Lorenzo Hirotaka Suzuoki Chaoz Alfonso Agra Hiroko Emori Chaoz Beatriz Bravo (Subst.) Hiroko Emori Yajirobe Norberto Vilanova Mayumi Tanaka Oolong Antía Álvarez Jiménez Naoki Tatsuta Puar Caterina Martínez Naoko Watanabe Baba a vedoira Antía Álvarez Jiménez Mayumi Tanaka Kamisama (Deus) Alfonso Agra Takeshi Aono Kamisama (Deus) Xoán Carballido (Subst.) Takeshi Aono Kamisama (Deus) Alfonso Agra Bin Shimada (Ep.66) Señor Popo Xoán Carballido Yasuhiko Kawazu Karín Antía Álvarez Jiménez Ichirō Nagai Ox (Gyumao) Norberto Vilanova Daisuke Gōri Ox (Gyumao) Norberto Vilanova Ryūzaburō Ōtomo (Subst.) Kaiō do norte Norberto Vilanova Jôji Yanami Kaiō do norte Xosé Tanas (Ep.86) Jôji Yanami Gregory Daniel Lema Yûsuke Numata Dr. Brief Xoán Carballido Jôji Yanami Nai de Bulma Cristina Aldrey Yôko Kawanami Nai de Bulma Antía Álvarez Jiménez (Subst.) Yôko Kawanami Freezer Alfonso Agra Ryūsei Nakao Dodoria Xoán Diéguez Yukitoshi Hori Cui Damián Cortés Naoki Imamura Zarbon Julio Lorenzo Hiroaki Miura Ancián Muri Iñaki Baliño Ryôichi Tanaka Ancián Muri Julio Lorenzo (Subst.) Ryôichi Tanaka Ancián Muri Xoán Carballido (Ep.86) Ryôichi Tanaka Dende Ruth Pazos Tomiko Suzuki Nail Norberto Vilanova Mori Katsuji Grande Ancián Xoán Carballido Junpei Takiguchi Ginyu Daniel Lema Hideyuki Hori Jeice Damián Cortes Daisuke Kishio Recoome Xosé Tanas Kenji Utsumi Burter Julio Lorenzo Yukimasa Kishino Guldo Iñaki Baliño Yasuhiro Takato Toranks Iñaki Baliño Takeshi Kusao Rei Cold Xoán Diéguez Ryūzaburō Ōtomo Doutor Guero (C-20) Xoán Diéguez Kouji Yada C-19 Xosé Tanas Yukitoshi Hori C-17 Daniel Lema Shigeru Nakahara C-18 Susana Sampedro Miki Itō C-16 Xosé Tanas Hikaru Midorikawa Célula Norberto Vilanova Norio Wakamoto Señor Satán Matías Brea Daisuke Gōri Locutor do Torneo de Célula Monti Castiñeiras Tamotsu Nishiwaki Pizza Maika Aguado Kumiko Nishihara Macarroni Alfonso Agra Kazunari Tanaka Tortelini Xosé Ramón Lojo Hisao Egawa

Música de Dragon Ball Z Kai

Para interpretar os diferentes temas do anime os responsábeis da serie contrataron a diferentes grupos de pop xaponés moi aclamados no seu país. Estes son os temas na súa versión galegaDebido ás restricións do copyright e a incompatibilidade coa licenza da Wikipedia só se presenta, como cita, o comezo do texto de cada canción. e os capítulos nos que soan:

Inicio 1. "Alma de Dragón" [Dragon Soul] de Takayoshi Tanimoto. (Eps. 1-98). "Vamos sempre afortunados, atopalo ha ser doado. Un paraíso hai, e o noso espírito vaise liberar! ..."

Final 1. "Si! Escáchao! Coidado! Escáchao!" [Yeah! Break! Care! Break!] de Takayoshi Tanimoto. (Eps. 1-54). "Ata o límite de todo o meu poder, vou voando ata o ceo infinito irei. A forza intensa do meu corazón, non se detén e sente a emoción. ..."

2. "Ás do corazón" [Kokoro no Hane] de AKB48. (Eps. 55-98). (Non hai versión galega deste tema).

Notas

Véxase tamén Outros artigos Dragon Ball : O manga As bólas máxicas : A primeira parte do anime Dragon Ball Z : A segunda parte do anime Dragon Ball GT : A terceira parte do anime Xabarín Club

Ligazóns externas Páxina oficial Dragon Ball Z Kai na crtvg.es Dragon Ball Z Kai na IMDb Dragon Ball Z Kai na Anime News Network

Categoría:Dragon Ball Categoría:Series de televisión en lingua xaponesa Categoría:Anime con versión galega