Mead é o cráter de impacto máis grande do planeta Venus, e fica exactamente nas coordenadas 12,5° N 57,2° E. Ten máis de 270 km de diámetro e posúe dous aneis concéntricos cara ao bordo do cráter. O seu chan semella ter unha morfoloxía moi semellante ás chairas que rodean o cráter.
Mead está clasificado coma un cráter de múltiples aneis, e considerase que a escarpa máis interior é o bordo da cavidade orixinal do cráter. Non se observa ningún anel central ou pico central en Mead. A presenza de moitos grumos, brillantes ó radar que cruzan o chan escuro ó radar do cráter e os terreos adxacentes ás cristas dos bordos do cráter, suxiren a probabilidade de que o chan sexa único bloque que é concéntrico á cavidade orixinal do cráter pero que se estende moito máis aló dos límites das cristas do bordo do cráter. O chan plano e que vai sendo máis brillante cara ó interior é interpretado como o resultado dun proceso de recheo da cavidade orixinal do cráter por parte de rochas fundidas debido ó calor do impacto inicial ou polo recheo de lavas de orixe volcánica. Cara ó sueste dos bordos do cráter, o material expulsado polo impacto parece ser que foi detido pola presenza de cadeas montañosas preexistentes, impedindo así un proceso normal de deposito deste material.
Recibiu o seu nome en honra a antropóloga americana Margaret Mead.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Barton (cráter) Isabella (cráter) Dickinson (cráter) Ligazóns externas Imaxe do cráter Mead
Categoría:Cráteres de impacto de Venus