miniatura|dereita|Estrutura xeral dunha imina.

Unha imina é un grupo funcional ou composto químico que contén un dobre enlace carbono–nitróxeno, no que o nitróxeno está á súa vez unido ou ben a un átomo de hidróxeno (H) ou a un grupo orgánico. Cando dito nitróxeno non está unido a un H o composto denomínase base de Schiff.IUPAC Goldbook base de Schiff O carbono ten ademais outros dous enlaces simples.IUPAC Goldbook IminaMarch Jerry; (1985). Advanced Organic Chemistry reactions, mechanisms and structure (3rd ed.). New York: John Wiley & Sons, inc. ISBN 0-471-85472-7Fletcher, Dermer, Fox, Nomenclature of Organic Compounds (1974) doi:10.1021/ba-1974-0126.ch023 As iminas son moi comúns na natureza. A vitamina B6 promove a desaminación dos aminoácidos por medio da formación de iminas, por exemplo.

Nomenclatura e clasificación As iminas están relacionadas coas cetonas e aldehidos, nos cales se produce unha substitución do osíxeno cun grupo NR. Cando R = H, o composto é unha imina primaria, cando R é un hidrocarbil (grupo hidrocarbonado), o composto é unha imina secundaria. Cando R3 é un OH, a imina denomínase oxima, e cando R3 é NH2 a imina denomínase hidrazona.

Aldiminas e cetiminas Unha imina primaria na que C está unido á vez a un grupo hidrocarbonado e a un H denomínase aldimina primaria; unha imina secundaria que conteña ditos grupos denomínase aldimina secundaria.IUPAC Gold Book Aldimines

Unha imina primaria na que o C está unido a dous grupos hidrocarbonados denomínase cetimina primaria; unha imina secundaria que conteña ditos grupos denomínase cetimina secundaria.IUPAC Gold Book Ketimines

Síntese de iminas As iminas obtéñense normalmente por condensación de aminas primarias e aldehidos ou menos comunmente cetonas. Ditas reaccións proceden por medio dunha adición nucleofílica da amina sobre o carbonilo electrofílico do aldehido ou cetona, orixinando un intermediato hemiaminal -C(OH)(NHR)-, seguida da eliminación dunha molécula de auga que orixina a imina (ver alquilimino-de-oxo-bisubstitución para máis detalle). O equilibrio nesta reacción xeralmente favorece a formación do composto carbonilo e a amina, de modo que se require unha destilación azeotrópica ou o uso de axentes deshidratantes como peneira molecular para impulsar a reacción cara á formación de iminas. centro|400px|Mecanismo de formación da imina. Existen outros métodos de síntese de iminas, como os seguintes: Condensación de carbonos ácidos con compostos nitrosos. Rearranxo de tritil N-haloaminas no rearranxo de Stieglitz. Deshidratación de hemiaminais.W. J. Middleton and H. D. Carlson (1988), "Hexafluoroacetone imine", Org. Synth., http://www.orgsyn.org/orgsyn/orgsyn/prepContent.asp?prep=cv6p0664 ; Coll. Vol. 6: 664 Hexafluoroacetone imine . Reacción de alquenos con ácido hidrazoico na reacción de Schmidt. Reacción dun nitrilo, ácido clorhídrico e un areno na reacción de Hoesch. Síntese de multicompoñentes de 3-tiazolinas na reacción de Asinger.

Reaccións das iminas As reaccións máis importantes das iminas son as súas hidrólises para dar as correspondentes aminas e carbonilos. Participan tamén en moitas outras reaccións, moitas das cales son análogas das reaccións de aldehidos e cetonas. Unha imina reacciona cunha amina dando un aminal, como ocorre por exemplo na síntese de cucurbituril. Unha imina reacciona con dienos na reacción de Aza Diels-Alder para dar tetrahidropiridina. Unha imina pode oxidarse con ácido meta-cloroperoxibenzoico (mCPBA) para dar unha oxaziridina. Unha imina aromática reacciona cun enol éter para dar unha quinolina na reacción de Povarov. Unha tosilimina reacciona cun composto carbonilo α,β-insaturado para dar unha amina alílica na reacción de Aza-Baylis–Hillman. As iminas son intermediatos na alquilación de aminas con ácido fórmico na reacción de Eschweiler-Clarke. Un rearranxo en química de carbohidratos no que está implicado unha imina é o rearranxo de Amadori. Unha reacción de transferencia de metileno dunha imina por unha sulfonio ilida inestabilizada pode orixinar un sistema aziridina. Unha imina é un intermediato na aminación redutora.

Reaccións ácido-base De xeito similar ás aminas correspondentes, as iminas son medianamente básicas e protónanse reversiblemente para daren sales iminio. Os derivados iminio son particularmente susceptibles de redución a aminas utilizando hidroxenación de transferencia ou pola acción estequiométrica do cianoborohidruro de sodio. Como as iminas derivadas de cetonas asimétricas son proquirais, a súa redución é un método útil para a síntese de aminas quirais.

Ligandos As iminas son ligandos comúns en química de coordinación. A condensación do salicilaldehido e acetilacetona dá lugar a familias de axentes quelantes que conteñen iminas, como os salen.

Reducións das iminas Unha imina pode reducirse a amina por medio de hidroxenación, como por exemplo na síntese de m-tolilbenzilamina:C. F. H. Allen and James VanAllan (1955), "m-Tolylbenzylamine", Org. Synth.: 827, http://www.orgsyn.org/orgsyn/orgsyn/prepContent.asp?prep=cv3p0827 ; Coll. Vol. 3 Tolylbenzylamine

500px|Hidroxenación das iminas.

Outros axentes redutores son o hidruro de litio aluminio e o borohidruro de sodio.Por exemplo: For example: Ieva R. Politzer and A. I. Meyers (1988), "Aldehydes from 2-Benzyl-4,4,6-trimethyl-5,6-dihydro-1,3(4H)-oxazine: 1-Phenylcyclopentanecarboxaldehyde", Org. Synth., http://www.orgsyn.org/orgsyn/orgsyn/prepContent.asp?prep=cv6p0905 ; Coll. Vol. 6: 905 Aldehydes from 2-Benzyl-4,4,6-trimethyl-5,6-dihydro-1,3(4H)-oxazine: 1-Phenylcyclopentanecarboxaldehyde

A primeira redución dunha imina asimétrica foi publicada en 1973 por Kagan utilizando Ph(Me)C=NBn e PhSiH2 nunha hidrosililación cun ligando quiral DIOP e o rodio como catalizador (RhCl(CH2CH2)2)2. Desde entón foron investigados moitos outros sistemas..J. Martens: Reduction of Imino Groups (C=N) in (G. Helmchen, R. W. Hoffmann, J. Mulzer, E. Schaumann) Houben-Weyl Stereoselective Synthesis, Workbench Edition E21 Volume 7, S. 4199-4238, Thieme Verlag Stuttgart, 1996, ISBN 3-13-106124-3.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Carboximidato Outros grupos funcioanis con dobre enlace C=N: oximas, hidrazonas Outros grupos funcionais con triplo enlace C≡N: nitrilos, isonitrilos Iminoácido

Categoría:Compostos químicos Categoría:Iminas Categoría:Grupos funcionais