Grândola é un municipio, unha vila e unha freguesía portuguesa, situada no distrito de Setúbal, na rexión do Alentejo e na subrexión do Alentejo Litoral. No ano 2006 o concello tiña 14.214 habitantes, en 2021 a poboación baixara lixeiramente a 13 827 habitantes.

Limita ao norte con Alcácer do Sal, ao leste con Ferreira do Alentejo, ao sur con Santiago do Cacém, ao oeste co océano Atlántico e ao noroeste a ría do Sado sepáraa do concello de Setúbal.

Xeografía política

Demografía Poboación do concello de Grândola (1801 – 2021) 1801 1849 1900 1930 1960 1981 1991 2001 2021 3463 2528 7539 13370 21060 16042 13767 14901 13 827

Freguesías Alén da freguesía homónima de Grândola, no municipio hai outras catro freguesías:

Grândola Azinheira dos Barros e São Mamede do Sádão Carvalhal Melides Santa Margarida da Serra

Brasón A cruz de Santiago presente no escudo de armas de Grândola simboliza a influencia histórica da Orde de Santiago, fundada no século XII.

Xeografía física A zona conta co río Sado, varias ribeiras, a lagoa de Melides e praias destacadas. A topografía é principalmente plana, con algunhas serras como a de Grândola. O concello forma parte da Reserva Natural do Estuário do Sado, cunha rica biodiversidade e actividades económicas tradicionais como a pesca, a salinicultura, a resinación e a extracción da cortiza da sobreira (cortiça).

Clima O seu clima mediterráneo con influencia oceánica presenta un verán seco, con temperaturas entre 23 °C e 29 °C.

Grândola, Vila Morena José Afonso compuxo a canción "Grândola, Vila Morena" en homenaxe á Sociedade Musical Fraternidade Operária Grandolense. Esta canción fíxose famosa cando foi elixida como sinal para comezar a revolución do 25 de abril en Portugal. Houbo dous sinais: o primeiro, ás 23.00 horas, foi a canción "E depois do adeus", de Paulo de Carvalho. Grândola, que foi o segundo sinal, foi emitida no programa Limite, de Rádio Renascença, ás 0:20 horas do día 25. Foi o sinal da saída das tropas de Lisboa e a confirmación de que a revolución gañaba terreo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Alentejo Alentejo Litoral Distrito de Setúbal "Grândola, Vila Morena" Reserva Natural do Estuário do Sado Serra de Grândola

Categoría:Concellos do distrito de Setúbal Categoría:Freguesías de Portugal