O bufo do deserto (Bubo ascalaphus) é unha especie de bufo de Oriente Próximo e norte de África da familia Strigidae.

Descrición O bufo do deserto ten unha plumaxe con manchas e grandes ollos amarelo-laranxas. A cabeza e partes dorsais son marróns amareladas e densamente marcadas con manchas e puntos negros e brancos crema, mentres que as partes ventrais son de cor branca crema clara, con manchas negras na parte superior do peito e finas liñas onduladas marróns avermelladas na parte inferior do peito e na barriga. A face ten a forma discoidal típica da maioría dos bufos, definida por un bordo escuro, o seu bico robusto é negro e ganchudo, e a cabeza está coroada con pequenos penachos nas orellas. A súa lonxitude corporal de 46-50 cm fai que sexa unha das especies máis pequenas do seu tipo.

Foron nomeadas dúas subespecies: B. a. ascalaphus e B. a. desertorum, esta última antes citada como máis pequena e clara con cor area máis intenso; porén, estas subespecies xa non se aceptan como distintas, porque a variación é continua e sen base xeográfica, así que a especie agora considérase monotípica.

Distribución e hábitat O bufo do deserto é nativo de gran parte do norte de África árido, incluíndo algunhas das partes máis desoladas do centro do deserto do Sáhara, onde pode atoparse en Alxeria, Chad, Exipto, Eritrea, Libia, Mali, Mauritania, Marrocos, Níxer, Senegal (exemplares vagantes), Sudán, Tunisia e Sáhara Occidental. A súa área de distribución esténdese á Península de Arabia e no Próximo Oriente, onde se encontra en Irán, Iraq, Israel, Xordania, Kuwait, Omán, Palestina, Qatar, Arabia Saudita, Siria e os Emiratos Árabes Unidos. O seu hábitat preferido é principalmente aberto, as chairas ermas ou desérticas con algunhas palmeiras espalladas ou outras plantas endémicas, onde nidifica en afloramentos rochosos, uadis e cantís.

Comportamento e ecoloxía

esquerda|miniatura|Cazando de noite no deserto preto de Baqaa, Arabia Saudita. O bufo do deserto é nocturno e sae ao solpor para cazar nunha área duns 5 km2. Póusase nunha eminencia e olla e escoita con atención para detectar movementos de presas antes de baixar en picado sobre a súa vítima. Aliméntase de calquera animal que poida encontrar, pero os roedores, especialmente xérbilos, son a súa presa favorita. Outro mamíferos como morcegos, raposos do deserto e lebres tamén poden caer nas súas gadoupas, así como pequenos paxaros, serpes, lagartos, escaravellos e escorpións.Holt, D. W., R. Berkley, C. Deppe, P. L. Enríquez, J. L. Petersen, J. L. Rangel Salazar, K. P. Segars, K. L. Wood, E. de Juana, and J. S. Marks (2020). Pharaoh Eagle-Owl (Bubo ascalaphus), version 1.0. In Birds of the World (J. del Hoyo, A. Elliott, J. Sargatal, D. A. Christie, and E. de Juana, Editors). Cornell Lab of Ornithology, Ithaca, NY, USA. https://doi.org/10.2173/bow.pheowl1.01 Por veces, depredan noutras aves como curuxas, bufos pequenos e lagarteiros eurasiáticos.Thévenot, M. (2006). Aperçu du régime alimentaire du Grand-duc d’Afrique du Nord Bubo ascalaphus à Tata, Moyen Draa. Go-South Bulletin. 3: 28-30.

É un bufo monógamo e establece relacións para toda a vida. A reprodución ten lugar a final do inverno; o niño é un burato nunha greta ou entre rochas. Poñen dous ovos, que son incubados pola femia durante uns 31 días. Ambos os membros da parella alimentan as crías e estas abandonan o niño aos 20-35 días de idade, mais permanecen dependentes dos seus pais durante varios meses máis.

Conservación miniatura|Ovo de bufo do deserto. O bufo do deserto ten unha ampla área de distribución e os informes indican que é abundante en polo menos unha parte da súa distribución. Non está sometido a ameazas concretas e, por tanto, está na Lista Vermella da IUCN como en situación "pouco preocupante".

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Estríxidos Categoría:Animais descritos en 1809