Maikel Mesa Piñero, nado en Santa Cruz de Tenerife o 4 de xuño de 1991, é un futbolista español que xoga como centrocampista no Tenerife, da Segunda División.
Traxectoria Formouse como futbolista nas canteiras do Arenas e do Tenerife e na tempada 2010/11 debutou na Tercera División co CD Laguna.
En xullo de 2012 fichou por Osasuna Promesas, da Segunda División B. O 1 de xuño de 2013 debutou na Primeira División, substituíndo a Francisco Silva nun partido ante o Real Madrid.
O 30 de xaneiro de 2015 foi cedido ao Racing de Ferrol, de Segunda B. Trala fin da cesión regresou a Pamplona e ascendeu ao primeiro equipo, co que foi aparecendo con máis regularidade. Marcou o seu primeiro gol como profesional o 24 de xaneiro de 2016, nunha vitoria por 3-0 ante a UE Llagostera.
Posteriormente pasou polas filas do Mirandés, o Gimnàstic de Tarragona, o Las Palmas, o Zaragoza e o Albacete, antes de regresar ao Tenerife en 2024.
Notas
Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados en Santa Cruz de Tenerife Categoría:Futbolistas das Canarias Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do CD Tenerife Categoría:Xogadores do Real Zaragoza Categoría:Xogadores do Albacete Balompié Categoría:Xogadores da UD Las Palmas Categoría:Xogadores do Gimnàstic de Tarragona Categoría:Xogadores do CD Mirandés Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol Categoría:Xogadores do CA Osasuna Categoría:Xogadores do CA Osasuna B