A Semana Santa en Ourense é un ciclo de actos conmemorativos da Paixón de Cristo levados a cabo na cidade de Ourense desde o Domingo de Paixón até o Domingo de Resurrección. Malia ser a capital galega con menor número de procesións e unha Semana Santa con pouca fama en Galiza, os desfiles teñen un importante arraigamento popular e adoitan estar moi concorridos.

Historia As orixes da Semana Santa ourensá remóntanse á era medieval. Iniciada polos gremios de artesáns e comerciantes da cidade, potenciouse nos séculos XIV e XV grazas aos franciscanos, quen chegaron no século XIII. Estes propiciaron a creación da Confraría da Santa Vera Cruz, durante moito tempo a máis importante, á que seguirían as do Santo Cristo, a da Virxe das Dores, a de Santa María Nai e a do Santo Encontro, con grande influencia nos séculos XIII, XIX e a primeira metade do XX. Gran parte dos actos levados a cabo mantivéronse en maior ou menor medida invariábeis desde a década de 1920, época na que se realizaban os seguintes oficios, algúns actualmente perdidos:

Domingo de Paixón Supostamente a cerimonia do Desencravo levouse a cabo na catedral durante a primeira metade do século XIV coa imaxe articulada do Santo Cristo de Ourense, figura de madeira recuberta con lona e pergamiño recheo de farrapos. Orixinalmente emprazada no brazo norte do cruceiro —lugar hoxe ocupado polo retablo da Virxe do Pilar e Santiago—, tras o seu traslado á Capela do Santo Cristo o 8 de abril de 1573 alteráronse as articulacións dos ombreiros e os brazos para fixar a imaxe á cruz de gallos. Isto provocou que as extremidades quedasen con aparencia de estar desconxuntadas. Crese que a partir de entón a talla deixou de utilizarse para a escenificación do Desencravo, ritual para o que se empezaría a usar unha imaxe tamén articulada, hoxe perdida.

A través dos séculos celebrouse esta cerimonia na nave central da catedral, na Igrexa de Santa María Nai, na Igrexa de Santo Domingo e na Praza Maior, onde se procedía á instalación dun púlpito rodante. Este era conducido desde a catedral até a esquina dereita dos soportais do edificio do concello, onde o cóengo predicador relataba o episodio bíblico. Pouco antes da súa desaparición na década de 1920, o acto volvería realizarse na catedral (algún ano na posguerra celebraríase na Igrexa de Santa Eufemia). Era costume que a urna desfilase precedida por unha cruz procesional (hoxe perdida), unha coroa de espiñas e uns cravos, mesmos artigos empregados na actualidade xunto cun letreiro co monograma INRI. Canto ás celebracións na Igrexa de Santo Domingo, cabe destacar o cabido do 16 de marzo de 1745:

Domingo de Ramos miniatura|200x200px|Desencravo, década de 1920 Este día procedíase a bendicir ao 8 da mañá as ramas de oliveira e as palmas en cada parroquia e celebrábase unha procesión ao redor da igrexa do lugar. Na capital só as portaban os cóengos e eran moi simples, mentres que a do bispo era trenzada e moi ornamentada. Os cóengos adoitaban regalar as palmas ás súas amizades para seren dispostas nos balcóns. Ao remate da misa, oficiada ás 9, dábase inicio á procesión do Domingo de Ramos, que daba unha volta á catedral. Os nenos levaban grandes ramos de loureiro que facían chocar entre si. A procesión discorría pola rúa Xoán de Austria e seguía pola rúa das Tendas, a praza de San Martiño e a praza do Trigo.Tal como fixo constar o periódico La Región na súa edición do 20 de marzo de 1932, a procesión do Domingo de Ramos dese ano celebrouse nas naves da catedral, feito motivado polo temor desatado a raíz da queima de conventos o ano anterior.

Pola tarde os franciscanos, acompañados por fieis e militares, sacaban en procesión unha imaxe do Ecce Homo, a cal era o percorrido de maior afluencia.As andas do Ecce Homo, realizadas en prata, eran propiedade do concello de acordo coa edición do 24 de marzo de 1929 do periódico La Zarpa, onde figura que a Venerable Orden Terceira solicitoulle ao concello tanto as andas como a banda de música municipal. Até finais do século XIX na dita procesión participaban varias nenas disfrazadas de anxos que levaban os símbolos da Paixón (lucían hábito nazareno con cíngulo, cabelo solto e coroa de espiñas). Posteriormente optouse por que participasen mozos de máis idade, aínda que co tempo os nenos volverían procesionar representando varios dos personaxes da Biblia. Unha nena ía caracterizada como Santa Verónica co pano coa Santa Face sen mover os brazos e en silencio absoluto. Desta última procesión, desaparecida na década de 1960, deu un detallado testemuño o xornal La Región na súa edición do 26 de marzo de 1929:

Mércores Santo O Mércores Santo os nenos portaban carracas para a escenificación do oficio de tebras. Agardaban a que se apagasen as luces e entón, ao dar o sinal os cóengos golpeando os sitiais do coro, empezaban a facer soar as carracas mentres saían á rúa.

Xoves Santo O Xoves Santo consagrábanse os crismas e os santos óleos e o bispo oficiaba unha misa na catedral seguida dunha pequena procesión dentro do templo. Outro dos actos levados a cabo ese día era o lavatorio de pés con doce anciáns ou persoas pobres ás que se convidaba a participar, aínda que en ocasións eran substituídos por nenos. Ao remate dos cerimoniais realizábase un percorrido polos sagrarios dos templos da cidade, oficio que adoitaba durar até a chegada do Venres Santo e para o que era obrigatorio levar levita e chistera. O costume era que pola tarde acudisen os artesáns e á noitiña os señores, todos en familia. Ao parecer había que visitar 14 templos a modo de viacrucis. Porén, estaba permitido reducir o percorrido a sete (nas aldeas, debido a que adoitaba haber unha soa igrexa, os fregueses entraban e saían dela 14 veces).

Este día acostumábase engalanar os templos con, entre outros, belas composicións florais. Estes competían por seren os máis ornamentados e os mellor iluminados. Os fieis acudían a contemplar os adornos tanto o xoves como o venres. Nas décadas de 1940 e 1950 os máis destacados adoitaban ser os da Capela do Santo Cristo e os do Convento das Adoratrices. Entre os visitantes atopábanse diversas personalidades tal e como testemuña La Región na súa edición do 29 de marzo de 1929: «[…] as autorizades e forzas de Cazadores, Carabineiros e Garda Civil. Estas vestían de gala con pantalón branco. O ilustrísimo señor Bispo, ao que seguían os alumnos do Seminario […]». Pola súa banda, o bispo interviña no lavatorio de pés: «Pola tarde, ás tres, o ilustrísimo e reverendísimo señor Bispo lavou os pés a doce pobres, tendo lugar tan conmovedora cerimonia nas naves do Rosario da Santa Igrexa Catedral, con asistencia do Cabido». Sumado ao anterior, cabe destacar a participación das mulleres lucindo mantela española:

Venres Santo miniatura|200x200px|Procesión do Encontro (c. 1920). Este día marca desde antigo o inicio da Semana Santa. Procedíase a cubrir os altares dos templos e celebrábase a festa de San Lázaro, primeiro na igrexa dedicada ao santo e, tras o seu desmantelamento en 1952, tamén na Igrexa de San Francisco. O día anterior numerosos fieis procedentes do rural acudían pola mañá a bicar unha diminuta imaxe do santo resgardada por un garda municipal. Acto seguido, o garda trazaba coa figura unha cruz nas costas do devoto mentres pronunciaba as seguintes palabras: «San Lázaro bendito líbrenos de peste e de males estraños». Esa mesma tarde a imaxe do santo era levada en procesión á Igrexa de Santo Domingo, onde se celebraba pola noite unha verbena. O día seguinte a figura do santo regresaba ao seu templo, onde tiña lugar unha misa solemne e pola tarde a festa. Era costume que tanto o sábado como o domingo se vendesen rosquillas de Ribadavia ao longo da rúa de Santo Domingo.

O Sábado Santo ou Sábado de Gloria comezaba ás oito da mañá coa bendición do lume na porta do Mediodía da catedral. A continuación realizábanse os cantos rituais e oficiábase a misa de Gloria co repenique das campás de todos os templos da cidade e rezábanse completas ás tres e media da tarde. Deseguido, a imaxe da Virxe venerada no retablo maior da Igrexa de Santa María Nai abandonaba o templo rumbo á catedral para o canto de maitines e laudes ás seis da mañá e a posterior cerimonia do Santo Encontro. Este rito celebrábase cunha procesión polas naves da basílica a madrugada do Domingo de Pascua seguido dun oficio relixioso realizado ás nove polo bispo vestindo o pontifical. A continuación conducíase a talla da Virxe novamente á Igrexa de Santa María Nai e celebrábase a cerimonia do Desplante, tras o cal concluía a Semana Santa. Antigamente a imaxe da Virxe só podía ser portada por membros do gremio de xastres. Eran concretamente catro xastres quen a levaban aos ombreiros ataviados cun elegante frac, acompañados polo cabido e a corporación municipal xunto con maceiros.

Pola súa banda, a desaparición da procesión do Encontro e do acto do Desencravo provocou unha dura crítica por parte de Xosé Ramón Fernández-Oxea no xornal El Pueblo Gallego:

miniatura|200x200px|Celebración do Domingo de Ramos na década de 1920 Tras o Desencravo, ao redor das seis da tarde tiña lugar a procesión do Santo Enterro. Só os homes tiñan permitido participar nela, e para iso debían vestir de loito e levar candeas. O acto era presidido polo presidente do concello e demais autoridades acompañadas de maceiros. A escolta formábaa unha guarnición de membros da Garda Civil que desfilaba acompañada polo son de tambores. A procesión, que partía da Igrexa de Santa María Nai e organizábase na Praza Maior, arrincaba con parte do destacamento da Benemérita de a cabalo seguido da cruz, os emblemas da Terceira Orde de San Francisco, a urna coa imaxe de Cristo e o resto de membros da corporación da Guardia Civil, quen portaban as armas á funerala. As figuras eran levadas por seminaristas.

A continuación, de acordo coas edicións do 31 de marzo de 1929 dos xornais La Zarpa e La Región, desfilaban na seguinte orde: o coro do Seminario Maior do Divino Mestre baixo a dirección do mestre de capela, Agustín Rodríguez Iglesias; a banda municipal; a talla da Dolorosa cunha escolta composta polo Corpo de Carabineiros; o gobernador civil, Vicente Rodríguez Carril; o gobernador militar, Rubín de Celis; o alcalde, Jesús Soria González; o presidente da Deputación, Aureliano Ferreiro Carballo; os tenentes de alcalde, Rodríguez García e Perille Garra; os concelleiros, Estévez, Bouzo, Cid, Ferrer e Aguirre (quen levaba o pendón da cidade); o secretario do concello, Pérez Colemán (secretario accidental); o sacerdote Ricardo Atanes Castro (quen luciu capa pluvial); dous ministros, os beneficiados Rionegro e Dopazo; e o bispo, Florencio Cerviño González (acompañado polo arcediago Faustino Congil e o mestre-escola Vicente Mateos). Concluíu o desfile dese ano La Legión Gallega (Batallón de Cazadores de Mérida) tocando música baixo o mando do capitán Enríquez.