Miguel Bañuz Antón, nado en Elx o 26 de xuño de 1993, é un futbolista español que xoga como porteiro na Cultural Leonesa, da Primeira División RFEF.

Traxectoria Comezou a xogar como gardameta de fútbol aos 4 anos no Torrellano, incorporándose aos 15 á canteira do Elche, na que permaneceu tres anos, antes de fichar polo FC Barcelona.

As súas boas actuacións co equipo xuvenil levárono ao Barça B de Eusebio Sacristán na tempada 2012/13, como terceiro porteiro. Con todo, dispuxo de pouco tempo de xogo no filial barcelonista, que non renovou o seu contrato cando este finalizou, en 2014.

A continuación xogou unha tempada no Villarreal B e tres no Alcoyano, onde se afianzou na titularidade. En agosto de 2019 fichou polo Andorra, onde contou con pouca participación. O 29 de xuño de 2021 fichou pola UD San Sebastián de los Reyes, da Primeira División RFEF, onde recuperou a titularidade. Tras unha tempada no club madrileño, co que disputou 36 partidos, regresou ao Alcoyano, xogando outros 36 encontros.

En xullo de 2023 asinou pola Cultural Leonesa.

Notas

Categoría:Nados en Elx Categoría:Nados en 1993 Categoría:Futbolistas da Comunidade Valenciana Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do FC Barcelona B Categoría:Xogadores do Villarreal CF B Categoría:Xogadores do CD Alcoyano Categoría:Xogadores do FC Andorra Categoría:Xogadores da UD San Sebastián de los Reyes Categoría:Xogadores da Cultural Leonesa