Paulí Pallàs i Latorre, nado en Cambrils o 1 de decembro de 1862 e finado en Barcelona o 6 de outubro de 1893, foi un anarquista español da segunda metade do século XIX. Gañou notoriedade polo intento de asasinato de Arsenio Martínez-Campos Antón, daquela capitán xeneral de Cataluña, durante un desfile militar o 24 de setembro de 1893. Foi executado por un pelotón de fusilamento o 6 de outubro dese ano. Algunhas fontes atribúenlle tamén o atentado no Teatro de Alcántara de Río de Janeiro o 1 de maio de 1891.

Traxectoria Primeiros anos Nado en 1862 en Cambrils (Tarragona), era fillo dun albanel de Maella (Zaragoza). Tivo unha infancia moi difícil e chegou a pasar fame en varias ocasións. Aprendeu só a ler e escribir e dende adolescente traballou de vendedor viaxando por España, Francia e Italia. Nas súas viaxes contactou e coñeceu o anarquismo e a súa literatura, e axiña se converteu nun gran lector.

Viaxe por América do Sur Na Arxentina coñeceu a Errico Malatesta, con quen fixo unha viaxe á Patagonia. Residiu en Rosario onde obtivo fama de home moi culto e instruído. Participou en mitins e manifestacións anarcocomunistas pola Arxentina e celebrou o Primeiro de Maio de 1890 en Rosario. Deseguido viaxou ao Brasil, onde o indignaron as malas condicións que padecían os traballadores no país. Segundo algunhas fontes, Pallàs lanzaría unha bomba no Teatro Alcántara de Río de Janeiro o 1 de maio de 1891.

Retorno a España Perseguido, Paulino volveu a Barcelona, onde volveu coincidir con Malatesta. Incapaz de atopar traballo, comprou unha máquina de coser e empezou a traballar para unha fábrica téxtil. Nesa época uniuse ao colectivo Benvenuto Salud xunto a Manuel Archs Solanelles e Pere Marbá. O grupo aprendeu o oficio de impresor e comezou a publicar textos anarquistas. Por esta época relacionouse cunha muller con quen tivo un fillo.

O atentado da Gran Vía miniatura|Ilustración dun xornal da época sobre o atentado de Paulí Pallàs O 24 de setembro de 1893, en festexo do santo da princesa de Asturias, María das Mercés, o xeneral Martínez-Campos dispuxera un desfile militar na Gran Vía de Barcelona. Paulí Pallàs lanzou dúas bombas Orsini contra as patas do cabalo e o lateral do carro do capitán xeneral ao berro de «viva a anarquía». Causoulle feridas leves a el e aos xenerais Castellví e Clemente e matou o garda civil Jaime Tous. Deixou ademais unha decena de feridos.

Motivacións do atentado En xaneiro de 1892, despois de dous anos de persecución estatal, iniciouse en Xerez unha rebelión campesiña. As organizacións campesiñas de inspiración anarquista foron severamente reprimidas. O estado mobilizou as forzas armadas que interviñeron de maneira violenta e desproporcionada, detendo e torturando centos de persoas. Dezaseis homes foron xulgados e condenados a penas que ían desde os 10 anos de prisión á cadea perpetua. O anarquista Fermín Salvochea foi xulgado por incitación á rebelión, malia estar encarcerado en Cádiz durante o incidente. Catro deles foron executados o 16 de febreiro.http://sunsite.berkeley.edu/Goldman/chronology/volume1/ Emma Goldman Chronology En resposta, Pallàs decidiu actuar contra o autor principal das operacións, o xeneral Arsenio Martínez-Campos.

Prisión e execución miniatura|Ilustración dun xornal da época sobre a execución de Paulí Pallás Logo de guindar as dúas bombas, Paulí Pallàs lanzou o seu chapeu ao alto e continuou gritando «viva a anarquía». Foi detido decontado, xulgado e condenado o 29 de setembro e fusilado o 6 de outubro no patio da prisión do castelo de Montjuïc (Barcelona). Antes de morrer Pallás espetoulles aos seus executores que a vinganza pola súa morte sería aínda máis terríbel que as causas polas que o mataban.

Consecuencias O «atentado da Gran Vía», como foi coñecido na época, tivo gran repercusión na conferencia anarquista de Chicago dese ano. Considerouse alí que a acción de Pallás estaba xustificada polos terríbeis actos cometidos até entón polo Estado español, non só en contra da cidadanía, senón tamén nas súas colonias. O movemento anarquista de todo o mundo apoiou a acción de Pallás e moitos xornais anarquistas da época, entre eles La Controversia, El Oprimido e La Revancha, expresaron o seu apoio á acción contra Martínez-Campos, considerando un delito contra a humanidade que fose nomeado capitán xeneral de Cataluña.

Un día despois da súa execución o diario El País publicou unha carta autobiográfica escrita por Pallás o 3 de outubro de 1893. Paradoxalmente, o xeneral Martínez-Campos protexeu a familia de Pallás; deulle emprego á parella deste para traballar como axudante na cociña da súa casa e coidou da saúde e a educación do seu fillo durante toda a súa vida. Na idade adulta, o fillo de Pallás acabou por converterse nun activista líder da Unión de Libre Comercio, tamén denominada como «sindicalismo libre». Malia o seu nome, a entidade oporíase ás organizacións anarquistas e progresistas das seguintes décadas.

Represalias O 7 de novembro de 1893, en vinganza pola execución de Pallás, Santiago Salvador Franch guindou dous artefactos explosivos contra a platea da ópera do Liceo de Barcelona durante a presentación da ópera Guillermo Tell. Morreron 22 persoas e preto de 50 resultaron feridas. Salvador Franch foi condenado á morte e executado o 21 de novembro de 1894.

O 7 de xuño de 1896, tamén en Barcelona, unha bomba explotou no medio da procesión de Corpus Christi. Causou 12 mortos e 44 feridos.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Ravachol Luigi Lucheni Michele Angiolillo Auguste Vaillant

Categoría:Anarquistas de Cataluña Categoría:Terroristas de España Categoría:Nados en Cambrils Categoría:Nados en 1862 Categoría:Finados en 1893